7 de xullo de 2012

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (LXXXII).

18. Catro mil leguas baixo o Pacifico
Ao amencer do día seguinte, 18 de novembro, perfectamente reposto xa da miña fatiga da véspera, subín á plataforma no momento en que o segundo do Nautilus pronunciaba a súa enigmática frase cotiá. Ocorréuseme entón que esa frase debía referirse ao estado do mar ou que o seu significado podía ser o de «Nada á vista». E en efecto, o océano estaba deserto. Nin unha soa vea no horizonte. As alturas da illa Crespo desapareceran durante a noite.
O mar absorbía as cores do prisma, con excepción do azul, e reflectíaos en todas direccións cobrando un admirable ton de añil. Sobre as ondas debuxábanse con regularidade anchas raias de muaré.
Hallábame eu admirando tan magnífico efecto da luz sobre o océano, cando apareceu o capitán Nemo, quen, sen decatarse da miña presenza, comezou a efectuar unha serie de observacións astronómicas. Logo, unha vez terminada a súa operación, apostouse no saínte do fanal para sumirse na contemplación do océano.
Namentres, unha vintena de mariñeiros do Nautilus, todos dunha vigorosa e ben constituída complexión, subiran á plataforma para retirar as redes deixadas a lástra durante a noite. Aqueles mariñeiros pertencían evidentemente a nacionalidades diferentes, aínda que o tipo europeo estivese fortemente pronunciado en todos eles. Recoñecín, sen temor a equivocarme, irlandeses, franceses, algúns eslavos e un grego ou candiota. Pero eran tan sobrios de palabras, e as poucas que usaban eran as daquel estraño idioma de orixe  hermética, que debín renunciar a interrogarlles.
Izáronse as redes a bordo. Eran redes de arrastre, semellantes ás usadas nas costas normandas, amplas bolsas mantidas entreabertas por unha verga flotante e unha cadea pasada polas mallas inferiores. Esas redes, así arrastradas, varrían o fondo do mar e recollían todos os seus produtos ao seu paso. Aquel día subiron curiosas mostras daqueles fondos abundantes en pesca: rapes, aos que os seus cómicos movementos valéronlles o cualificativo de histrions; os peixes negros de Commerson, provistos das súas antenas; balistes ondulados, rodeados de bandas vermellas; tetrodones, con veleno extremadamente sutil; algunhas lampreas oliváceas; macrorrincos, cubertos de escamas prateadas; triquiuros, con potencia eléctrica igual á do gimnoto e do torpedo; notópteros escamosos, con liñas pardas transversais; gádidos verdosos; diferentes variedades de gobios, e, finalmente, algúns peixes de máis amplas proporcións; un pámpano de prominente cabeza e dunha lonxitude de case un metro; varios escómbridos, entre eles algúns bonitos, ornados de cores azuis e prateadas, e tres magníficos atúns aos que a rapidez da súa marcha non puidera salvar da rede.
Calculei en máis de mil libras o izado pola rede. Era un bo botín, pero non sorprendente, porque ese tipo de redes, mantidas á rastra durante varias horas, capturan na súa prisión de mallas todo un mundo acuático. Non debiamos, pois, carecer de víveres de excelente calidade, e facilmente renovables pola rapidez do Nautilus e pola atracción da súa luz eléctrica.
Introduciuse inmediatamente o peixe polo escotillón e levou ás despensas, uns para o seu consumo en fresco e outros para a súa preparación en conserva. Terminada a pesca e renovada a provisión de aire, cría eu que o Nautilus ía proseguir a súa viaxe submarina e dispúñame xa a regresar ao meu camarote, cando o capitán Nemo, volvéndose cara a min, díxome sen preámbulo algún:
-Mire o océano, señor profesor. Non está dotado dunha vida real? Non ten os seus ataques de cólera e os seus accesos de tenrura? Onte durmiuse como nós e témolo aquí que se esperta tras unha noite apracible.
Así me falou, sen saúdo previo de ningunha clase. Díxose que o estraño personaxe continuaba comigo unha conversación xa iniciada.
-Mire como se esperta baixo as caricias do sol para revivir a súa existencia diúrna! Interesante estudo o de observar o ritmo do seu organismo. Posúe pulso, arterias, ten espasmos, e eu estou de acordo co sabio Maury, que descubriu nel unha circulación tan real como a do sangue nos animais.
Sendo obvio que o capitán Nemo non esperaba de min ningunha resposta, pareceume inútil asentir ás súas palabras con fórmulas tales como «evidentemente», «así é», «ten vostede razón»... Falábase máis ben a si mesmo, con longas pausas entre frase e frase. Era unha meditación en alta voz.
-Si -proseguiu-, o océano posúe unha verdadeira circulación, e para provocala bastou ao Creador de todas as cousas multiplicar nel o calórico, o sal e os animálculos. O calórico crea, en efecto, densidades diferentes que producen as correntes e contracorrentes. A evaporación, nula nas rexións hiperbóreas, moi activa nas tropicais, provoca un cambio permanente entre as augas tropicais e polares. Ademais, eu sorprendín correntes de arriba abaixo e de abaixo arriba que forman a verdadeira respiración do océano. Eu vin a molécula de auga de mar, quente na superficie, redescender ás profundidades, alcanzar o seu máximo de densidade a dous graos baixo cero para, ao arrefriarse así, facerse máis lixeira e volver subir. Verá vostede, nos Polos, as consecuencias deste fenómeno, e comprenderá entón por que, en virtude desta lei da previsora natureza, a conxelación non pode producirse nunca máis que na superficie das augas.
Mentres o capitán Nemo acababa a súa frase, eu dicíame: «O Polo! É que este audaz personaxe pretende conducirnos até alí?».

6 de xullo de 2012

Inicio de AMENCER EN MERCURIO, de Robert Silverberg

A nove millóns de millas da parte solar de Mercurio co Leverrier virando nunha serie de espirais que debían levarlle cara ao máis pequeno mundo do Sistema Solar, o segundo piloto, Lon Curtis decidiu pór termo á súa vida.

Curtis estivera agardando ansiosamente que se efectuase a aterraxe; a súa tarefa na operación xa concluíra, polo menos ata que os planos de aterraxe do Leverrier rozasen a esponxosa superficie de Mercurio. O eficaz sistema de arrefriado por sodio anulaba os esforzos do monstruoso Sol visible a través da pantalla posterior. Para Curtis e os seus sete compañeiros de tripulación, non había problemas; só tiñan que esperar mentres o autopiloto ía descendendo a nave espacial no que ía ser a segunda aterraxe do Home en Mercurio.

O comandante do Voo, Harry Ross, estaba sentado preto de Curtis cando notou o súbito envaramento das mandíbulas do piloto. De súpeto, Curtis agarrou a panca de control. Desde as rodas metálicas que fiaban o espumoso armazón, chegou un estalido verdoso de fluorocreno en disolución; o fulgor desvaneceuse. Curtis púxose en pé.

- Vas a algún sitio? - preguntoulle Ross.

- Non, só a dar unha volta. - A voz de Curtis soaba estraña.

Ross volveu dirixir a súa atención ao seu microlibro, mentres Curtis afastábase. Ouviuse o son de cremalleira dun grapón de proa ao ser manipulado, e Ross sentiu un frío momentáneo cando o aire xeado do compartimiento do reactor superrefrixerado coouse até alí.

...

5 de xullo de 2012

Aforismos de Leonardo

65.- Adquire na túa mocidade de que compensar o prexuízo da vellez. Se comprendes que a vellez ten por sustento a sabedoría, esforzarás durante os teus novos anos para que, nos últimos, non carezas de alimento. 

4 de xullo de 2012

A Física, de Aristóteles

A Física escribiuna Aristóteles entre o 335 e o 332, e está composta de oito libros. A obra aborda a teoría dinámica do cambio, e da realidade potencial e actual dos seres que, de potencialidades abstractas, deveñen cousas concretas.

No libro I aborda a definición da física, afirmando que o seu obxectivo é o estudo dos principios das cousas e da physis. O tres principios fundamentais son a materia, a forma e a privación. O estudo da física encamíñase, sobre todo, á primeira, que é tanxible e está en movemento; deste xeito, o estudo do movemento é esencial á física. No libro II examina as causas das cousas, que son catro: material, formal, eficiente e final, mentres que no libro III emprende o estudo do movemento, que é a evolución dun ser a outra cousa ou outro modo de ser, definíndoo como o tránsito do ser en potencia ao ser en acto. O movemento, esencial para o estudo do físico, mostra que o mundo é dinámico, dirixíndose todo teleolóxicamente cara á súa perfección, a excepción do Motor non movido. Pero o cambio acontece no espazo, e este está vinculado tanto ao tempo como ao baleiro; introduce, ademais, a noción de infinito, que pode ser tanto un espazo imposible de percorrer como un espazo no cal a materia está ausente. Por isto, o infinito non é en acto, senón só en potencia. O infinito, contra Platón, non é un ente en si. A isto dedicou o final do libro II e o libro IV. O tempo é o número do movemento; o tempo é, como o espazo, continuo, e non pode separarse del.
Ao movemento dedica Aristóteles os libros V e VI. Se existe o movemento (e isto é perceptible polos sentidos), é porque existen os contrarios, que actúan como os puntos de partida e de chegada do movemento. Os diferentes tipos de movemento dependen directamente dos diferentes tipos de contrarios. Existen tres tipos de movemento: cualitativos (cambio de sustancia), cuantitativos (cambio de cantidade) e locais (cambio de lugar).

O movemento diríxese da privación de algo até a consecución dese algo. Os últimos dous libros Aristóteles dedícaos á demostración da existencia dun primeiro motor, que é non movido por outro; é, tamén, inmóbil, pero o que el quere acentuar é que non debe o seu ser (cualitativo) a ningún outro ser; é acto puro, do que está ausente calquera tipo de potencia, polo que é o Ser Perfecto: o Theós.

3 de xullo de 2012

Recuperado o Calixtino

O arcebispo de Santiago e o deán da Catedral puideron esta tarde volver pasar as páxinas do Códice Calixtino. Tras ser localizado este mediodía nun garaxe do Milladoiro, a policía levou o manuscrito até a catedral para que o arcebispo Julián Barrio e o deán José María Díaz puidesen comprobar a súa autenticidade. O Códice Calixtino permanecerá baixo custodia policial até o venres, cando está previsto que volva á Catedral.

Agardamnos que as páxinas as pasaran como xente civilzada con luvas e non como fixeron ata agora (célebre e o video do dean pasando as páxinas e levando o dedo á boca).

Realmente o electricista que parece ser o autor do roubo, non tratou moito peor a obra do que fixeron os seus patéticos custodios.

2 de xullo de 2012

1 de xullo de 2012

SOIDADE de Manuel Luís Acuña

Xa ren na vida.
Nin me saúdan os pinos
nin me bican
os paxaros no camino.

Nin luce o sol.
Nin danzan bolboretas —ilusiós—.
...