30 de maio de 2026

Pedro Páramo

Cando sentei a morrer, ela (a miña alma) rogou que me levantase e que seguise arrastrando a vida, coma se esperase aínda algún milagre que me limpase de culpas. Nin sequera fixen o intento: 

"Aquí acábase o camiño -díxenlle-. Xa non me quedan forzas para máis." 

E abrín a boca para que se fose. E foise. Sentín cando caeu nas miñas mans o hilito de sangue con que estaba amarrada ao meu corazón.

Juan Rulfo: Pedro Páramo

27 de maio de 2026

Informe do Coronel House

O chamado Informe do Coronel House preséntase como un suposto documento confidencial elaborado en 1919 por un alto axente do servizo secreto británico, dirixido ao primeiro ministro David Lloyd George. O texto describe, cun ton estratéxico e conspirativo, un plan a longo prazo para integrar de facto os Estados Unidos dentro do Imperio Británico, non mediante conquista militar, senón a través da influencia política, económica, cultural e ideolóxica.

O documento parte da idea de que os Estados Unidos son, na práctica, unha antiga colonia británica cuxa independencia formal non impide unha crecente dependencia real. O obxectivo central sería restaurar a “unidade imperial” anglo-americana, facendo que os EUA acepten un papel semellante ao doutros dominios británicos, aínda que mantendo unha aparencia externa de soberanía.

Un dos eixes fundamentais do plan sería o control cultural e educativo. O texto destaca a importancia de introducir profesores, directivos universitarios e intelectuais formados en Gran Bretaña ou afíns ao pensamento imperial británico nas universidades estadounidenses. Tamén se subliña o papel de fundacións filantrópicas (como as ligadas a Carnegie ou Rockefeller) e programas de intercambio académico como ferramentas para moldear as elites futuras.

Outro elemento clave sería o control da información e da opinión pública. O informe afirma que a prensa estadounidense estaría fortemente influenciada por editores e xornalistas de orixe británica ou simpatizantes do Imperio, así como polo control dos cables internacionais e das axencias de noticias. Isto permitiría presentar os acontecementos internacionais desde unha perspectiva favorable a Gran Bretaña e illar aos lectores estadounidenses doutros puntos de vista.

No plano financeiro, o documento concede unha enorme importancia a J. P. Morgan & Company, presentada como principal axente británico nos Estados Unidos. A través da colocación de débeda, o financiamento da guerra e o control de sectores estratéxicos, o capital financeiro serviría para crear intereses económicos estadounidenses ligados á supervivencia e expansión do Imperio Británico. O control de recursos clave, especialmente o petróleo, aparece como unha ferramenta decisiva de presión económica e xeopolítica.

A Primeira Guerra Mundial é interpretada como unha oportunidade crucial para afianzar esta dependencia. O texto sostén que os Estados Unidos entraron na guerra ao servizo dos intereses británicos, asumindo custos económicos e humanos sen obter beneficios territoriais, mentres Gran Bretaña consolidaba o seu dominio colonial noutros lugares do mundo.

Unha parte central do documento dedícase á Sociedade de Nacións (Liga das Nacións), presentada como o instrumento definitivo para integrar os Estados Unidos no sistema imperial. Segundo o informe, a Liga sería, na práctica, o Imperio Británico ampliado, cunha estrutura supranacional que permitiría transferir competencias do Congreso estadounidense a un órgano executivo internacional. O presidente Woodrow Wilson é descrito como unha figura clave, facilmente manipulable mediante a adulación, o prestixio simbólico e o culto á personalidade.

O texto analiza con detalle o carácter psicolóxico de Wilson, insistindo na necesidade de satisfacer o seu ego e de asociar o seu nome a grandes ideais morais e slogans, para lograr que defenda políticas contrarias á independencia real dos EUA sen que a poboación o perciba como unha traizón. Mesmo se suxire nomealo primeiro presidente da Liga das Nacións e concederlle amplos recursos económicos e poderes pouco definidos.

Finalmente, o informe describe un amplo aparato de propaganda: igrexas, universidades, asociacións profesionais, congresos, publicacións, películas e campañas públicas destinadas a presentar a Liga das Nacións como garante da paz mundial. O obxectivo sería neutralizar calquera oposición e facer que a entrada dos Estados Unidos neste sistema se perciba como un avance moral inevitable.

O documento conclúe afirmando que o proxecto iniciado por Cecil Rhodes —a reunificación do mundo anglosaxón baixo a hexemonía británica— estaría preto de culminarse, e que a aceptación da Liga das Nacións por parte dos Estados Unidos sería a batalla final para consumar esa unión imperial.

23 de maio de 2026

Proverbio

Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora. 

Proverbio hindú

16 de maio de 2026

Rosalía

"Gardados estaban, ben podo dicir que para sempre, estes versos (...), cando non sen verdadeira pena, vellos compromisos obrigáronme a xuntalos de presa". 

Así inicia Rosalía de Castro as súas palabras previas á primeira edición en 1880, en La Habana, do seu libro de versos en galego Follas Novas. Desde aquela, os amantes da poesía galega de Rosalía divídense entre aqueles que prefiren Cantares gallegos ou os que se manifestan a favor de Follas Novas como a principal obra en galego de Rosalía Castro. 

13 de maio de 2026

CLITEMNESTRA


Un dos caracteres femininos máis dramáticos da saga grega.

Irmá de Helena e esposa de Agamenón, é por tanto raiña da importante cidade de Micenas.

Mentres o seu marido está na guerra de Troia, comete adulterio co primo deste, Egisto, menor que ela e ambos asasinan alevosamente ao marido cando regresa de Troia.

Mais o destino ten previsto que ela mesma morra a mans do seu fillo Orestes, que se erixe así en vengador da morte do seu pai.

9 de maio de 2026

Cita

Non obrigues a ninguén a quedar, mellor obrígaos a irse; quen insista en quedar é quen vale a pena. 

Gabriel García Márquez

6 de maio de 2026

NON É TAN FACIL COMO PENSABA

NON É TAN FACIL COMO PENSABA -adaptación-  (Leon Tolstoi)

Un campesiño e a súa muller adoitaban discutir frecuentemente. Segundo dicía el, as tarefas do fogar eran poucas e fáciles de facer e, en cambio, o traballo de campo era moi duro.
Un día, decidiron cambiar as súas ocupacións: a muller foise ao campo e o marido quedou en casa.
- Saca a pastar as ovellas, dá para comer aos pitos, prepara a comida e debulla o millo- díxolle a muller ao campesiño antes de irse ao campo.
O campesiño púxose a traballar. Primeiro sacou o gando a pastar, pero escapáronselle algunhas ovellas e custoulle moito traballo reunilas de novo. Despois foi ao patio e atou os pitos á pata dunha galiña, para que non se lle escapasen. Entón empezou a preparar a comida.
O campesiño lembrou que a súa muller sempre preparaba a comida mentres debullaba o millo e quixo facer o mesmo que ela.
"Cando o millo estea debullado, a comida estará lista", pensaba o campesiño. Apena comezara a tarefa, cando ouviu o asustado cacareo da galiña e o agudo pío pío dos pollitos. Entón saíu correndo para ver que ocorría no patio e viu un enorme gavilán que levaba voando á galiña coas súas pollitos atados. E mentres tanto, os porcos entraron na casa, tiraron a pota e coméronse o millo. Vendo tantas desgrazas xuntas, o home non sabía que facer.
Ao cabo dun intre, a muller regresou do campo e preguntou:
- Onde están os pitos e a galiña?
- Ateinos para que non se perdesen, pero veu o gavilán e levoullos.
- E que fai toda esa comida polo chan?
- Mentres eu estaba desesperado no patio, os porcos entraron en casa, coméronse o millo e tiraron a pota.
- Perfecto! -dixo a muller-. Eu, en cambio, fixen hoxe tanto como ti calquera día e, ademais, cheguei termprano a casa.
- É que no campo faise unha soa cousa, mentres que aquí hai que facer todo á vez: prepara isto, pensa naquilo, coida o outro. Non se poden facer tantas cousas ao mesmo tempo!
- Eu fágoas todos os días e fágoas ben, así que non discutamos máis. E non volvas dicir que as tarefas do fogar son poucas e fáciles de facer -afirmou a muller-.
...

2 de maio de 2026

Citas

Bruce Lee cría que cada día se nos presenta unha oportunidade única de mellorarnos a nós mesmos. Cada novo día trae consigo a oferta de facer de nós algo mellor do que eramos o día anterior. Nas súas propias palabras:

En verdade, cada día esconde unha nova revelación ou un novo descubrimento que podo obter.

Bruce Lee