6 de maio de 2026

NON É TAN FACIL COMO PENSABA

NON É TAN FACIL COMO PENSABA -adaptación-  (Leon Tolstoi)

Un campesiño e a súa muller adoitaban discutir frecuentemente. Segundo dicía el, as tarefas do fogar eran poucas e fáciles de facer e, en cambio, o traballo de campo era moi duro.
Un día, decidiron cambiar as súas ocupacións: a muller foise ao campo e o marido quedou en casa.
- Saca a pastar as ovellas, dá para comer aos pitos, prepara a comida e debulla o millo- díxolle a muller ao campesiño antes de irse ao campo.
O campesiño púxose a traballar. Primeiro sacou o gando a pastar, pero escapáronselle algunhas ovellas e custoulle moito traballo reunilas de novo. Despois foi ao patio e atou os pitos á pata dunha galiña, para que non se lle escapasen. Entón empezou a preparar a comida.
O campesiño lembrou que a súa muller sempre preparaba a comida mentres debullaba o millo e quixo facer o mesmo que ela.
"Cando o millo estea debullado, a comida estará lista", pensaba o campesiño. Apena comezara a tarefa, cando ouviu o asustado cacareo da galiña e o agudo pío pío dos pollitos. Entón saíu correndo para ver que ocorría no patio e viu un enorme gavilán que levaba voando á galiña coas súas pollitos atados. E mentres tanto, os porcos entraron na casa, tiraron a pota e coméronse o millo. Vendo tantas desgrazas xuntas, o home non sabía que facer.
Ao cabo dun intre, a muller regresou do campo e preguntou:
- Onde están os pitos e a galiña?
- Ateinos para que non se perdesen, pero veu o gavilán e levoullos.
- E que fai toda esa comida polo chan?
- Mentres eu estaba desesperado no patio, os porcos entraron en casa, coméronse o millo e tiraron a pota.
- Perfecto! -dixo a muller-. Eu, en cambio, fixen hoxe tanto como ti calquera día e, ademais, cheguei termprano a casa.
- É que no campo faise unha soa cousa, mentres que aquí hai que facer todo á vez: prepara isto, pensa naquilo, coida o outro. Non se poden facer tantas cousas ao mesmo tempo!
- Eu fágoas todos os días e fágoas ben, así que non discutamos máis. E non volvas dicir que as tarefas do fogar son poucas e fáciles de facer -afirmou a muller-.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.