22 de setembro de 2025

Inicio de A Última Noite de Verán

A Última Noite de Verán 
Alfred Coppel 

Ardían lumes na cidade. Coa súa casa ás escuras -a central eléctrica abandonada por aquel entón-, Tom Henderson podía ver claramente os lumes. Reflectíanse como fogatas contra a masa de fume. Sentou na escuridade, fumando e escoitando a aguda voz do locutor que lle chegaba pola radio portátil. 
-...as temperaturas medias están a subir até as máximas normais en todo o mundo. París infórmanos dunha máxima rexistrada onte de 42°... Nápoles tivo 45°... Os astrónomos predín... O goberno aconsella que a poboación civil permaneza en calma. Foi declarada a lei marcial nos Angeles. 
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.