621.- O rato, a donosiña e o gato.- Estando o rato asediado no seu pequeno albergue por unha donosiña que esperaba, vixiante, o momento de matalo, vía, a través dunha estreita rendixa, ao seu perigoso inimigo. Namentres, chegou o gato, colleu á donosiña e devorouna enseguida. O rato entón, despois de sacrificar unas cantas noces a Iúpiter, deulle as grazas efusivamente, pero saíndo da súa cova para gozar da liberdade que perdera, as feroces uñas e os dentes do gato priváronlle logo non só da liberdade, senón tamén da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.