28 de marzo de 2024

Aforismos de Leonardo

Aforismos de Leonardo

588.- Mostrarás, por conseguinte, oh, pintor!, no alto dos montes, as pedras de que están constituídos, desprovistas de terra na súa maior parte; e as herbas que alí nacen, pequenas, delgadas, pálidas e secas por falta de savia; e deixarás entrever o arenoso e magro terruño por entre as pálidas herbas, e as miúdas plantas, fatigadas, envellecidas, de ínfimo tamaño, con curtas e espesas ramificacións e poucas follas, descubrindo en gran parte as raíces áridas e carcomidas, agarradas ás lascas e gretas das rugosas penas, así como os troncos mutilados polos homes e os ventos. Aparezan tamén por doquiera, superando montes e collados, peñascos vestidos de sutil e pálido brión, e só en partes lucindo a súa verdadeira cor, que o raio puxo de manifesto, feríndoos para vingarse do obstáculo oposto por eles á súa traxectoria. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.