~ ~ ~ ~ ~
Este é o Día Internacional da Aviación Civil celébrase mundialmente o 7 de decembro. En 1997 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamouno oficialmente. O seu propósito é xerar e fortalecer a conciencia mundial sobre a importancia da aviación civil. A súa celebración fora declarada en 1992 pola Asemblea da OACI. Nove anos antes, no 1983, no aeroporto de Madrid-Barajas un accidente aéreo deixara 93 mortos. Despois da súa declaración neste mesmo día, pero no 2005 no Aeroporto Internacional de Miami, un grupo de policías matou a tiros ao pasaxeiro costarriqueño Rigoberto Alpízar, quen dixo ter unha bomba, aínda que non era certo.
~ ~ ~ ~ ~
1493: Cristovo Colón funda a primeira cidade occidental no novo mundo e bautízaa como Isabela, hoxe Santo Domingo de Guzmán.
1617: Vigo é atacada por piratas turcos e berberiscos.
1772: Morre en Madrid Martín Sarmiento, escritor e erudito galego, xeneral da orde benedictina..
1928: Nace Noam Chomsky, disidente político e lingüista estadounidense.
1941: Os xaponeses bombardean Pearl Harbour, o que obriga ós americanos a intervir na II Guerra Mundial.
~ ~ ~ ~ ~
1941: Os xaponeses bombardean Pearl Harbour, o que obriga ós americanos a intervir na II Guerra Mundial.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.