10 de decembro de 2023

10 de decembro

Entre Santos e Natal, arrieiriño non vaias ó sal, que perderás o caudal.

~ ~ ~ ~ ~
O 4 de decembro de 1951 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 10 de decembro Día dos Dereitos Humanos.

A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial poideran reproducirse. Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos dos Humanos, a Asemblea Xeral indicou que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, xustiza e paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral convidou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

~ ~ ~ ~ ~
1617: Turcos e berberiscos atacan con fogo de canón e fusil o porto de Vigo. 
1763: En Madrid celébrase o primeiro sorteo de lotaría do país.
1956: Juan Ramón Jiménez recibe o Premio Nobel de Literatura
1993: A Unesco declara a Ruta Xacobea Patrimonio da Humanidade na súa reunión anual celebrada en Cartagena de Indias.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.