26 de decembro de 2023

26 de decembro

Dios nacido, días crecidos.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Santo Estevo, lapidado ás portas de Xerusalén ó pouco da resurrección de Cristo.
~ ~ ~ ~ ~
Imos despedir este 2023 con diversas actividades estes días no Centro Comercial Los Rosales:

MARTES 26
Un martes de xadrez un pouco distinto
16,00 - 17,30: Escola de Xadrez de Nadal.
19,00 - 22,00: A sala estará aberta para botar partidas ou para xogar ao Dominó.
(No Centro Comercial ás 17:30 hai un taller de Tarxetas de Reis Magos).

MERCORES 27
16,00 - 17,30: Escola de Xadrez de Nadal. LXXV Torneo de Navidad. Sub14.
(No Centro Comercial ás 17,30 hai un taller de títeres e globos).

XOVES 28
16,00 - 17,30: Escola de Xadrez de Nadal. 
(No Centro Comercial ás 17:30 hai un taller de chapas).
19,00 - 20,30: IV Torneo de Nadal de Partidas Rápidas

VENRES 29
No Centro Comercial tedes distintas actividades. coa gran Festa Infantil de Fin de Ano.

Iremso complementando a información nas nosas redes sociais.

~ ~ ~ ~ ~
1713: Filipe V de España asina un Real Decreto, redactado por Jean Orry, que divide España en 21 provincias con fins administrativos e tributarios.
1764: Morre Frei Benito Jerónimo Feijoo (P. Feijoo), escritor galego.
1884: España anuncia ás potencias estranxeiras que ten baixo o seu protectorado a costa occidental de África comprendida entre os cabos Bojador e Branco, territorio comunmente denominado Sahara Occidental.
1990: O soviético Gari Kaspárov retén o título de Campión do Mundo de Xadrez.
2000: A estación espacial Mir perde contacto co centro de control durante máis de 20 horas.
2002: Irán prohibe as lapidacións para mellorar a súa imaxe internacional.
2004: Unha cadea de maremotos, provocados por un terremoto de magnitude 9 preto de Sumatra afectan, principalmente, a Indonesia, Sri Lanka, India e Tailandia. En todo o índico contabilízanse máis de 230.000 mortos mentres que miles de persoas seguen desaparecidas.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.