27 de xuño de 2022

Crónica Torneo Candidatos

O Torneo de Candidatos está cada día máis emocionante. A tensión respirase na sala de xogo. Os xogadores son conscientes de que esta pode ser unha das oportunidades máis importantes da súa vida, no que ao mundo xadrecística se refire. Tras superar o ecuador do torneo, estes 8 reis do xadrez aspiran ao trono mundial, como se unha de una serie de ficción se tratase. 

O que máis preto está de conseguilo é o anterior retador Ian Nepomniachtchi. O ruso ten este día un match ball frente a Fabiano Caruana, o seu perseguidor, que se encontra a 1 punto. Con todo, Nepo pretende redimirse da súa decepcionante actuación no Campionato do Mundo, contra o noruego Magnus Carlsen, perdendo cun global de 7½ contra 3½ e deixando erros impropios do seu nivel. Non obstante, as partidas neste Torneo de Candidatos deste Gran Mestre son absolutamente marabillosas. 

Para exemplo, a partido que tivo con pezas negras contra Richard Rapport. O húngaro, tras pensar durante más de tres cuartos, decide seguir unha liña certamente ariscada e Nepo non fallou, fixo as xogadas que propoñía o mesmo Stockfich e gañou. Foi un veni, vidi, vinci en toda regra. 

Pola outra banda, os claros favoritos para gañar este torneo están a desilusionar, tanto o chinés Ding Liren como o franco-iraní Firouzja. Ambolos dous están encontrando moitas dificultades para pasar das tablas. Actualmente, teñen 3½ e 3 puntos respectivamente. Estes resultados escapan ao entendemento xeneralizado pois Ding Liren está xogando un xadrez moi preciso e o xoven iraní introduce moitas novidades nas aperturas, axudado pola preparación do seu analista Cheparinov. Este último excedese no tempo que utiliza para cada xogada e ten demasiados nos apuros de tempo. Deste xeito, non consegue materializar esas oportunidades que posúe. 



Así, os resultado con 8 roldas xogadas son os seguintes: 

Posición

Nome

Puntuación

ELO

1

Nepomniachtchi, Ian   

6/8

2766

2

Caruana, Fabiano 

5/8

2783

3

Nakamura, Hikaru 

4½/8

2760

4

Rapport, Richard 

4/8

2764

5

Ding, Liren 

3½/8

2806

6

Duda, Jan-Krzysztof 

3/8

2750

7

Radjabov, Teimour 

3/8

2753

8

Firouzja, Alireza 

3/8

2793

Quedaremos pendentes do que poida pasar no mellor torneo do ano porque, non esquezamos, o xadrez é un deporte máxico na que os estados de ánimo son brutais. Todo o que suceda contarémollo aquí, neste blog. 


Un saúdo a todos dende o Palacio de Santoña,

Brais. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.