Shoshana Zuboff
Os nosos artistas, do mesmo xeito que os nosos mozos, son canarios na mina de carbón.
Que a necesidade de facernos invisibles sexa o tema dunha brillante vangarda artística é outra especie de mensaxe nunha botella que arroxamos ao océano desde a liña da fronte do loito e da repulsión. A vida de cristal é intolerable, pero tamén o é o axustar máscaras aos nosos rostros ou envolver os nosos corpos en tecidos dixitalmente resistentes para frustrar o funcionamento de máquinas alegais ubicuas. Como ocorre con todas as contradeclaracións, ocultar os riscos convértese nunha adaptación mesma cando, en realidade, debería ser un motivo de concienciación para a indignación. Estas condicións son inaceptables. Non basta con cavar túneles por baixo desa parede: a parede mesma debe ser derrubada.
O maior perigo é que terminemos sentíndonos como en casa xa sexa na vida de cristal ou agachándonos dela. Ambas as opcións róubannos esa interioridade que sustenta a nosa existencia, que nace nun asilo sacro e que é a que termina por diferenciarnos das máquinas. Ese é o manancial do que extraemos as capacidades de prometer e de amar, sen as que os lazos privados da intimidade e os vínculos públicos da sociedade se marchitan e morren. Se non cambiamos este rumbo xa, estaremos a deixar pendente un traballo ciclópeo para as xeracións que nos sigan. O capitalismo industrial expropiou a natureza e as xeracións posteriores hivemos que soportar a carga dun planeta que se consome.
Engadiremos a esa carga a da invasión e conquista da natureza humana por parte do capitalismo da vixilancia? Quedaremos mirando a escena mentres este impón sutilmente a vida da colmea e esixe o sacrificio dos dereitos de asilo e refuxio e ao tempo futuro en proveito da súa riqueza e da súa propio poder?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.