25 de marzo de 2022

Psicópatas

Os psicópatas teñen conexións defectuosas entre a parte do cerebro que lida coas emocións e a que manexa os impulsos e a toma de decisións. 

Un estudo levado a cabo con psicópatas que cometeran asasinatos, homicidios sen premeditación, múltiples violacións e estrangulaciones, achou que os carreiros que unen dúas zonas do cerebro cruciais presentaban "fochancas", mentres que os de quen non eran psicópatas estaban en bo estado. 

A investigación do Institute of Psychiatry at King's College de Londres (Reino Unido) abre a posibilidade de desenvolver nos futuro tratamentos para os psicópatas perigosos, dixo o doutor Michael Craig, do Instituto de Psiquiatría do Hospital do King's College de Londres, director do estudo. Así mesmo, Craig sinalou que estes resultados terían fortes consecuencias para os médicos, os investigadores e o sistema de xustiza criminal.
 
Para chegar a estas conclusións, os autores estudaron a bioloxía de cerebro de psicópatas e mediante a técnica de imaxe DT-MRI, observaron as diferenzas no cerebro que poderían explicar estes tipos de comportamento e proporcionar un entendemento mellor da psicopatía criminal. 

En concreto, os expertos acharon unha redución significante na integridade das partículas pequenas que forman a estrutura do fascículo uncinado dos psicópatas, e observaron que o grao de anomalía estaba relacionado co grao de psicopatía. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.