18 de marzo de 2022

Inicio de DESDE LUGARES SOMBRÍOS

 DESDE LUGARES SOMBRÍOS

 Richard Matheson


O doutor Jennings virou cara ao bordo e as rodas da súa Jaguar levantaron unha onda de barro. Pisou con forza o freo, sacou a chave coa man esquerda mentres coa dereita tenteou en busca do maletín que tiña ao seu lado. Un instante despois achábase na rúa esperando un oco no tráfico polo que poder cruzar.  Alzou a mirada cara ás xanelas do apartamento de Peter Lang. Estaría ben Patricia? Soara asustada por teléfono... trémula, próxima ao pánico. 

Jennings baixou os ollos e engurrou o ceño ante a fileira de coches que non deixaban de pasar. Logo, cando se produciu un oco na procesión, lanzouse á carreira. 

A porta de cristal pechouse automaticamente ás súas costas mentres atravesaba o vestíbulo. Pai, a presa! Por favor! Non sei que facer con el! A voz sobrecollida de Patricia reverberou na súa mente. Entrou no ascensor e apertou o botón do décimo piso. Non podo contarcho por teléfono! Tes que vir! 

Jennings tiña a vista cravada diante sen ver nada, alleo ao murmurio das portas ao pecharse. Certamente, a relación de tres meses de Patricia con Lang fora problemática. Aínda así, non sentíase xustificado para pedirlle que a rompese. 

A Lang non se lle podía clasificar entre os ricos ociosos. Certo, xamais tivera que enfrontarse a un traballo nos seus vinte e sete anos de vida. Pero non era indolente ou inútil. Era un dos cazadores máis importantes do mundo, e movíase no mundo que elixira con elegante autoridade. E a pesar do seu aire fachendoso, nel había unha vea de humor sempre disposta a manifestarse e un sentido básico da xustiza. Pero o máis importante era que parecía amar moito a Patricia. 

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.