Tal día coma hoxe, o 18 de outubro de 1506 a raíña Juana De Castilla, coñecida como Juana La loca, asina unha carta datada en Burgos esixindo que as monxas que fuxiran de Antealtares furtivamente unha noite regresen ao mosteiro compostelán. En 1507 e 1508 a raíña Juana e seu pai o rei D. Fernando seguen a dictar ordes para que abandonen os seus mosteiros e as rendas das súas terras se perciban en Antealtares. As monxas de Dozón, Ansemil, Chouzán, A Cova, Eiré, Lobios, Pesqueiras, Cangas, Ramirás, Lobás, Sobrado de Trives, Órrea, Negradas e Albeos resisten canto poden para non perder a súa autonomía e independencia.
Fonte: O Sorriso de Daniel
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.