8 de outubro de 2019

HISTORIA DA ARTE

Unha das escenas habituais nas mastabas é a caza nas augas pantanosas. A tumba do funcionario Ti, na necrópole de Saqqarah, da V dinastía, ofrece algunhas das máis fermosas secuencias en baixorelevo. Destaca unha de gran tamaño en que aparece representado sobre a súa barca, mentres os seus servos acosan con lanzas aos hipopótamos do río. A xeometría domina cada un dos elementos, enmarcándoos nunha orde rigorosa de liñas verticais e horizontais: o fondo está composto por unha gran pantalla de talos de papiros de perfil triangular; a liña horizontal que contén a masa de auga debuxa no seu interior liñas en zigzag. Incluso os niños dos paxaros distribúense en perfecta orde na parte superior da escena.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.