25 de abril de 2019

Inicio de As Raias

Horacio Quiroga
As Raias


...-"En resumo, eu creo que as palabras valen tanto, materialmente, como a propia cousa significada, e son capaces de creala por simple razón de eufonía. Precisarase un estado especial; é posible. Pero algo que eu vin fíxome pensar no perigo de que dúas cousas distintas teñan o mesmo nome."

Como se ve, poucas veces é dado ouvir teorías tan marabillosas como a anterior. O curioso é que quen a expuña non era un vello e sutil filósofo versado na escolástica, senón un home espinado desde raparigo nos negocios, que traballaba en Laboulaye amoreando grans. Coa súa promesa de contarnos a cousa, sorbemos rapidamente o café, sentámonos de costado na cadeira para ouvir longo intre, e fixamos os ollos no de Córdoba.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario