A era de Frankestein
Por Eduardo Galeano
Na súa novela Un mundo feliz, Aldous Huxley profetizara a fabricación en serie de seres humanos. En tubos de laboratorio, os embrións desenvolveríanse segundo a súa futura función na escala social, desde os alfas, destinados ao mando, até os epsilones, producidos para a servidume.
Setenta anos despois, a bioxenética prométenos, como agasallo do nacente milenio, unha nova raza humana. Cambiando o código xenético das xeracións vindeiras, a ciencia producirá seres intelixentes, belos, sans e quizais inmortais, segundo o prezo que cada familia poida pagar.
James Watson, Premio Nobel, descubridor da estrutura do ADN e xefe do Proxecto Xenoma Humano, predica o despotismo científico. Watson négase a aceptar ningún límite á manipulación das células humanas reprodutivas: ningún límite á investigación, nin ao negocio. Sen pelos na lingua, proclama: "Debemos manternos á marxe dos regulamentos e as leis".
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.