27 de xaneiro de 2019

Illas Cíes

Pódese facer unha visita dun día en barco mercando o billete de ida e volta no peirao de Vigo ou Cangas, hai que facer reserva previa, son varias as navieiras que fan a ruta ata o embarcadeiro na praia de Rodas. Tamén se poden pasar varios días no camping da illa. O número de visitantes diarios está limitado a 2200 e 800 campistas. En setembro de 2017 Medio Ambiente da Xunta multou con 930 mil euros ás navieiras que fan a ruta a Cíes por sobrevenda de billetes. Mar de Ons foi multada con 600 mil euros, Illa de Ons (Nabia) con 250 mil euros, Tour Rías Baixas con 40.000 euros e Cruceiro Rías Baixas outros 40.000 euros.

Fonte: Galipedia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario