así a todo goza de longa permanencia e déixase ver e esculcar. Non renace, como a música, en fortes sonoridades que molestan. Esa beleza humana namórache e é causa de que todos os sentidos quixesen posuíla e loitar a porfía para logralo. A súa boca, por exemplo, desexariamos apropiárnola e
incorporárnola; o noso oído sentiría pracer en escoitar a descrición dos seus encantos; o sentido do tacto penetraría de boa gana en todos os seus segredos; o olfacto anhela absorber o aire que ela constantemente respira. Pero o tempo destruirá en poucos anos esa beleza e harmonía; mentres que, imitada polo pintor, conservarase un longo prazo; e os ollos, desempeñando o seu oficio, senten un pracer tan grande na contemplación da beleza figurada, que non llo procuraría maior a mesma beleza viva. Só o tacto quedará insatisfeito, o cal, se xa logrou antes o seu intento, usando dos seus foros de irmán maior, non impedirá despois á razón que considere ao seu gusto a divina beleza. A isto suplirá en gran parte a imitación pictórica, pero nunca as descricións do poeta, que, pretendendo equipararse ao pintor, non se dá conta de que o tempo separa as súas palabras, coas cales vai mencionando un a un os membros da beleza, deixa que o esquecemento se interpoña entre elas e divide as proporcións, que lle é imposible ao poeta detallar sen gran prolixidade, fallando así no seu intento de compor o resultado armónico feito de tales divinas proporcións. O lapso que basta para a contemplación dunha beleza pictóricamente imitada, non bastará, pois, para a súa descrición verbal; e comete un pecado contra natura, quen se propoña utilizar o oído, alí onde hai que utilizar os ollos.
Aplíqueselle aos mesteres da música, e non á percepción das figuras naturais cuxa imitación compete á pintura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.