24 de xaneiro de 2019
Aforismos de Leonardo
348.- Agora ben, observa canta diferenza media entre ouvir, durante un lapso prolongado, contar unha cousa que dá pracer aos ollos, e vela coa presteza con que ven as cousas naturais. E aínda que as producións poéticas sexan lidas dedicándolles moito tempo, adoita acaecer con frecuencia que non as entendamos ou necesitemos, para alcanzar a entendelas, do auxilio de diversos comentarios; sucedendo entón aínda que os mesmos comentadores rarísima vez penetran a mente do poeta; e, en fin, moitas veces non lemos, apremados polo tempo, senón pequena parte das súas obras. Pero a obra do pintor é inmediatamente comprendida por quen a contemplan.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.