ÁLVARO CUNQUEIRO: A HISTORIA DA CULTURA GALEGA XVIII
Foi o descubremento do sepulcro do apóstol o mesmo do século IX o que vai a abrir esa gran vía o camiño francés, que non se sabe donde comeza no Este de Europa pra rematar xunto a tumba de Apóstol Santiago. Hai tamén un gran problema de moi difícil explicación, realmente quizabes haxa tódalas pezas do puzle do rompecabezas pero de moi difícil facelas cadrar. Donde foi descuberto o sepulcro do apóstol había xa moitos enterramentos, enterramentos de moi diversas épocas da época romá hasta a época sueva e a época misma en que foi descuberta o sepulcro de apóstolo, e dicir, onde está hoxe Santiago de Compostela donde está a catedral e está o sepulcro do apóstol había un centro relixioso dunha importancia excepcional, un centro relixioso onde iba a enterrarse xente moi diversa e de moi diversas partes de Galicia. Hoxe debaixo da nave Central da Catedral de Santiago, está moi ben posto, pódense ver tódolos niveles de excavación. Pódese ver as tumbas galego romás, pódense ver as tumbas góticas e vese perfectamente tódolos niveles de enterramento o longo de VII séculos. Ahora que habendo un lugar de culto tan importante, que habendo ido a enterrarse alí tanta xente, haxa habido tal silencio sobre aquelo durante VII séculos e algo verdadeiramente inconcebible, verdadeiramente milagroso. Se están alí os restos do apóstol, e eu creo que están dende logo e o primeiro e máis grande dos seus milagros VII séculos de total silencio en que naide dixo a naide porque iba alí, porque se bañaba alí nunhos pozos e nunhas fontes que hai debaixo do que son hoxe as escaleiras da praza das praterías, naide dixo a naide porque se enterraba alí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.