8 de novembro de 2018

Aforismos de Leonardo

337.- Tamén os animais sofren maior prexuízo privados da vista que privados do oído, e isto por varias razóns: primeiro, porque a vista élles necesaria para achar o alimento que é indispensable para a súa nutrición e, segundo, porque é coa vista como se percibe a beleza das cousas creadas, e máximamente das que inducen ao amor. É así como, entre os homes, o cego de nacemento non pode concibir polo oído o que é a beleza, porque nunca tivo noción dela; e o sentido do oído que queda só lle serve para entender as voces da linguaxe humana, que encerra os nomes de todas as cousas que teñen nome. Sen saber sequera eses nomes, tamén se pode vivir contento, como viven os sordomudos, que se distraen debuxando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario