Acaba de celebrarse o día do pai. Pasei o día, para variar, subido nun avión. Pero tiven tempo de estar en Lima para darlle un abrazo ao meu pai.
Non me gustan o día do pai, da nai ou os días así. Sinto que son unha trampa comercial. Algún vendedor astuto inventouse esa idea para facernos comprar chocolates, gravatas, perfumes e mil cousas máis. Non é que sexa un rañas, pero non me gusta que me obriguen a facer un agasallo.
Ao meu pai regaleille unha botella de whisky polo seu día. Eu non tomo whisky. O meu pai ten unha cabeza admirable para o grolo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.