É dous de xaneiro. Día para lembrar o aniversario de Isaac Asimov
ISAAC ASIMOV - ASNOS ESTUPIDOS
Naron, da lonxeva raza rixeliana, era o cuarto da súa estirpe que
levaba os anais galácticos.
Tiña no seu poder o gran libro que contiña a lista das numerosas
razas de todas as galaxias que adquiriran o don da
intelixencia, e o libro, moito menor, no que figuraban as que chegaran á
madurez e posuían méritos para formar parte da Federacion Galáctica. No
primeiro libro tacharan algúns nomes anotados anteriormente: os
das razas que, polo motivo que for, fracasaran.
A mala fortuna, as deficiencias bioquímicas ou biofísicas, a falta de adaptación
social cobrábanse o seu tributo.
Con todo, no libro pequeno non houbera que tachar xamais ningún
dos nomes anotados.
Naquel momento, Naron, enormemente corpulento e incriblemente ancián,
levantaba a vista, notando que se achegaba un mensaxeiro.
-Naron -saudou o mensaxeiro-.Gran señor!
-Bo, bo, que hai? Menos cerimonias.
-Outro grupo de organismos chegou á madurez.
-Estupendo. Estupendo. Actualmente ascenden moi aprisa.
Apenas pasa ano sen que chegue un grupo novo. Quen son eses?
O mensaxeiro deu o número crave da galaxia e as coordenadas do
mundo en cuestión.
-Ah, si -dixo Naron-. O conoco. -E con boa letra cursiva anotou o dato
no primeiro libro, trasladando daquela o nome do planeta ao segundo.
Utilizaba, como de costume, o nome baixo o cal era coñecido o
planeta pola fracción máis numerosa das súas propios habitantes.
Escribiu, pois: A Terra.
-Estas criaturas novas -dixo logo- estableceron unha marca.
Ningún outro grupo pasou da intelixencia á madurez tan
rapidamente. Non será unha equivocación, espero.
- De ningún modo, señor - respondeu o mensaxeiro.
- Chegaron ao coñecemento da enerxía termonuclear, non é certo?
-Si, señor.
-Ben, ese é o requisito. -Naron soltaba unha risiña-. As súas naves
sondarán pronto o espazo e poranse en contacto coa Federación.
-En realidade, señor -dixo o mensaxeiro con renuencia-, os Observadores
comunícannos que aínda non penetraron no espazo.
Naron quedou atónito.
-Nin pouco nin moito? Non teñen sequera unha estación espacial?
-Aínda non, señor.
-Pero se posúen a enerxía termonuclear,onde realizan as probas e as
explosións?
-No seu propio planeta, señor.
Naron ergueuse nos seus seis metros de estatura e tronou:
-No seu propio planeta?
-Si, señor.
Con xesto pausado, Naron sacou a pluma e tachou cunha raia a última
anotación no libro pequeno. Era un feito sen precedentes; pero é que
Naron era moi sabio e capaz de ver o inevitable como ninguén na galaxia.
-Asnos estúpidos!- murmurou.
Fin.
Comentario de Isaac:
Témome que este é outro conto con moralexa. Pero verán vostedes, o
perigo nuclear escalou puntos cando Estados Unidos e a Unión Soviética,
cada un pola súa banda, construíron a bomba de fusión, ou de hidróxeno. Eu
volvía estar amargado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.