Din que existiu fai moitos séculos nun destes pobos perdidos entre os verdes herballais galegos, un home que non se resistía a contar contos, uns por aquí, outros por acolá, sempre atopaba a situación para debullar na súa limpa memoria un daqueles contos que ouvira a un tío dunha tía, a un irmán dun amigo do seu xenro, á nai daquel que fora para as Indias, volvera, e outra vez marchara; en fin, a innumerables testemuñas duns curmáns do seu tatarataravó, ou do tataratataravó mesmo.
A historia deste home non importa tanto como verdadeiramente foi nin sequera se verdaderamente foi, senón como a contan os contos nos que de el se nos conta, que non son poucos, máis eu so hei de contar un, aquel que disque é o verdadeiro, según quen mo contou.
Pode parecer normal o divertimento deste señor, como o podía ser outro dun home que non resistía roubar galiñas , perseguir mulleres en coiro nos tempos da vendima ou construir paneiras de mármol en miniatura, día sí, día tamén ;personaxes que de feito déronse lugar no tempo, se non neste pobo, nuns moi cercanos.
Efectivamente, non tería iso nada de especial, senón fora porque o moi coitado era mudo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.