Tendo en conta este detalle, é evidente que o noso amigo non o tiña sinxelo para materializar o seu desexo e que a priori calquera outra persoa na mesma situación buscaría e atoparía entre as súas aficións, ou modos de vida coma neste caso, unha calqueira distinta a esta. Máis isto é, como temos dito, a priori. No caso deste bo home dese animoso pobo a orillas do Sil, tiña el xa moita experiencia cando de súpeto e por sorpresa se decata de que a súa cabeza ía quedando sen espazo entre tantas historias, relatos e testemuñas que almacenara, e non por mor do azar, dende que tivo uso de memoria, din que aínda non lle saíra o seu primeiro dente, ata que esta última comezaba a pedir unha actualización urxente.
Boa hora era xa, e disque nesta hora non contaba moitos anos máis ca vinte, de baleirar, pero mediante copia e pega, o seu repleto cartafol de datos, non tanto polo medo de enviar a papeleira sen darse conta algún destes arquivos, senón por un mero feito de altruismo e repartición do seu coñecemento.
A cuestión do cómo quedou durante algún tempo suspendida no aire, nun aire frío e húmido, tremendamente insá. Era urxente que o soplo dunha fluvial brisa, o vento mareiro das terras ourensás, a arrastrase dalí hacia outro lugar, calqueira!
Máis o vento non soprou, e foi el mesmo quen , máis pronto que tarde, supliu a caprichosa natureza. Enchía os pulmóns cada mañá, comezando a iso das nove, cando se erguía alá polo terceiro canto do galo do seu veciño; e ese aire nacente e fresco que bebía a súa gorxa expulsábao sen tregua ata o solpor, en verdade con algo de desánimo nalgunhas lugubres tardes que eran e siguen sendo lei nos outonos daquel lugar. E así durante o penúltimo San Martiño entre os paisanos e a colga do Lardeiro en Viana do Bolo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.