28 de febreiro de 2025

Sábado de adestramento en xadrez

O Sábado 1 
de 16,00 a 20,00 temos un sábado especial de adestramento.
Está pensado para preparar os torneos de Xogade cos xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas, pero pode sumarse xogadores doutras categorías dos clubs indicados ademais de Casino, Sigrás e Betanzos.
A actividade terá en principio o seguinte desenvolvemento:
16,00: Inicio e explicación da competición xogade e de normas de torneos de equipos.
16,30: 1ª e 2ª roldas de torneo de adestramento a 10 minutos finish.
17,00: Algunhas nocións de aperturas.
17,30: 3ª e 4ª roldas de torneo de adestramento a 10 minutos finish.
18,00: Algunhas nocións de tácticas e medio xogo.
18,30: 5ª e 6ª roldas de torneo de adestramento a 10 minutos finish.
19,00: Algunhas nocións de finais.
19,30: Concurso de problemas.

Lembra que nos días seguintes teremos o Torneo de Entroido e outro adestramento especial.

Luns 3: 
TORNEO DE ENTROIDO
Horario: 16,00 a 18,30 aproximadamente.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 5' + 3'' / 10' finish
Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Suízo a 5 roldas. 
Cota: 5 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Medalla para todos os participantes.
O luns será o día grande do entroido no Centro Comercial Los Rosales... Así que aconsellamos ir disfrazados e participar nas actividades!


Mércores 5:
TARDE DE ADESTRAMENTO
Horario: 17,00 a 20,00.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Cota: de balde

Os participantes nestas actividades consienten a publicación de datos e fotos para publicitar os resultados e as actividades do xadrez.

27 de febreiro de 2025

Aforismos de Leonardo

625.- O falcón e o parrulo.- O falcón, non podendo soportar con paciencia que o parrulo fuxise del, escondéndose baixa a auga, quixo, imitándoo, perseguilo tamén baixa a auga; pero humedecidas as súas plumas, non puido remontar o voo e pereceu afogado, mentres o parrulo, remontándose no aire, burlábase del. 

26 de febreiro de 2025

26 de febreiro

1961 O príncipe herdeiro Muley Hassan é nomeado rei de Marrocos ao finar o seu pai, Mohamed V, toma o nome de Hassan II.

1976: España abandona a súa sorte o Sáhara.


25 de febreiro de 2025

Xadrez no Entroido

Martes 25 
19,00: Nos martes de Xadrez remata o Torneo Imbolc.

Sábado 1
16,00 a 20,00: Sábado de adestramento.
Para preparar os torneos de Xogade os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas teñen a posibilidade de asistir a 4 horas nas que se darán unhas pequenas ideas en aperturas, medio xogo, finais e outros consellos para a participación nesta proba.

Luns 3
16,00: Torneo de Entroido coincidente coa festa de entroido no Centro Comercial Los Rosales. Tes a información máis abaixo neste espazo.

Mércores 5
17,00 a 20,00: Adestramento no Centro Comercial Los Rosales.
Para preparar os torneos de Xogade de marzo e para os xogadores que compitan con CIDU ou Xadrez das Mariñas.
Serán 3 horas nas que se farán explicacións diversas.

24 de febreiro de 2025

24 de febreiro

1525: O militar galego Alonso Pita da Veiga fai prisioneiro en Pavía ao rei Francisco I de Francia.


22 de febreiro de 2025