30 de xullo de 2020

Aforismos de Leonardo

415.- Ves, en efecto, que a pintura feita sobre un plano mostra cousas que parecen destacarse, e o espello, tamén sobre un plano, realiza o mesmo. A pintura é unha soa superficie e analogamente o espello. A pintura é impalpable en canto os obxectos que nela parecen redondos e saíntes non poden circundarse coas mans; e o mesmo pasa co espello. O espello e a pintura mostran as imaxes das cousas envoltas en sombra e luz; unha e outra aparecen bastante máis aló das súas superficies. 

29 de xullo de 2020

Novela semanal. 22ª entrega.

Os dous homes camiñan a paso acelerado pola rúa. Ao pasaren ao lado do Peugeot Amans decátase de que Duchamps está a mirar o coche. Déixao aí, dille, seguramente teña un localizador. Dous cruces de rúa despois chegan ao coche de Amans, un discreto Lamborghini rosa. O condutor introduce a chave e comeza a saír un ruído enxordecedor polo tubo de escape. Pisa o acelerador a fondo e saen lazados cara á avenida principal da cidade. 

O detective, que non falara nada desde que saíran do café, rompe o seu silencio. Que está pasando aquí? Quen é esa xente que foi ao meu despacho? Quen es ti? Amodo, raparigo. Vaime estoupar a cabeza con tanta pregunta. De acordo, de acordo. En primeiro lugar, quen era esa xente? Esa xente que foi facer unha visita ao teu despacho é xente do goberno. Bueno, non exactamente o goberno, senón o Corpo Secreto de Intelixencia. Sospeito dende un tempo que teñen relación cos asasinatos acontecidos en Vaillard estes derradeiros meses. E ti fas que en medio de todo isto? Pregunta Duchamps impacientemente. Direicho cando cheguemos ao sitio de destino, pero porque sei que es amigo de Gérard e eu confiaba moito nel. Encóllese o corazón de Duchamps ao escoitar falar do Comisario en pasado.

 

Continuará...


27 de xullo de 2020

Vocabulario medico galego

acromatopsia 













s.f. Falta de percepción das cores, visión en gris.
// A. parcial. Daltonismo.