7 de abril de 2025

5 de abril de 2025

4 de abril de 2025

4 de abril

1340: Morre loitando en Gibraltar o Almirante de Castilla, o pontevedrés Alfonso Jofre Tenorio.

3 de abril de 2025

Aforismos de Leonardo

630.- O olmo e a figueira.- Observando unha figueira as polas estériles dun olmo, o seu veciño, as cales ousaba roubar o sol ás súas froitas, verdes aínda, díxolle en son de reproche: 

-Non te avergoñas, olmo, de estar diante de min? Pero agarda a que os meus fillos cheguen á súa idade madura, e verás logo cal será a túa sorte. 

E sucedeu que, pasando algún tempo despois un escuadrón de soldados por aquela paraxe, emprendérona a golpes coa figueira para quitarlle as súas xa maduros froitos. E o olmo, véndoa toda estragada, lacerada e coas súas ramas rotas, preguntoulle: 

-Oh, figueira!, non fose para ti mellor estar sen fillos, que vir a tan mísera situación por mor deles? 

2 de abril de 2025

Gonzalo García de Nodal

Gonzalo García de Nodal, nado en Pontevedra en 1569 e finado no océano Atlántico en 1622, foi un navegante galego, que canda seu irmán Bartolomé García de Nodal, chamados os irmáns Nodales ou Os Nodales, foi enviado por Filipe III a recoñecer o estreito de Magallanes e o novo estreito descuberto pola expedición de Jacob Le Maire e Willem Schouten.

Construíronse e armáronse as carabelas Nuestra Señora de Atocha e Nuestra Señora del Buen Suceso, de 80 toneladas e 40 tripulantes cada unha. A primeira ía como capitá baixo mando o de Bartolomé, e a outra como almiranta co capitán Gonzalo ó mando.

Saíron de Lisboa o 27 de setembro de 1618. A mediados de xaneiro de 1619 tiveron coñecemento do cabo das Virxes, cerca do cal viron flotar os restos dun navío que naufragara. Seguindo o seu rumbo ó longo da costa oriental da Terra do Fogo, o 22 de xaneiro adentráronse no estreito de Le Maire, denominándoo estreito de San Vicente, nome que aínda conserva un dos cabos da costa occidental da Terra do Fogo.

O 10 de febreiro descubriu no sueste do cabo de Fornos as illas Diego Ramírez, chamadas así en honra a Diego Ramírez de Arellano, cosmógrafo e piloto da expedición. Seguidamente os irmáns Nodales remontaron cara ao norte, entrando no estreito de Magallanes, chegando ó extremo oposto e, despois de dar a volta á Terra do Fogo, tomaron o camiño de regreso a Europa.

Fondearon o 7 de xullo cerca de Lagos, e desde alí foron a dar conta da súa expedición ó rei, que se encontraba en Lisboa. Os dous irmáns publicaron o diario da súa expedición co título: Relación del viaje hecho por los capitanes Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal, hermanos, naturales de Pontevedra, para el descubrimiento del nuevo estrecho, Madrid, 1621, un tomo co seu mapa.

Morreu en 1622 Saíu de Sanlúcar de Barrameda o 13 de outubro de 1622 con 3 navíos, 133 mariños e 400 infantes para percorrer a mesma ruta do estreito de Le Maire cara Chile, para socorrer ós colonos sitiados polos mapuches. Naufragou, perdendo a vida e dous barcos.

1 de abril de 2025

Xadrez no Día dos Enganos

Martes de xadrez cunha nova rolda do torneo de lentas ás 19,00.

Hoxe é o Día dos Enganos... O 1 de abril van os burros onde non deben ir.

Así que o problema deste mes no local é un pouco diferente aos anteriores.

Ven xogar e o miras!