7 de marzo de 2024

Petróleo


Curioso anuncio este que acompaña a publicación de marzo de 1914 na Coruña na que se fala de botarlle petróleo ao pelo.

Nunha época na que a iluminación era con lume, habería que estudar se esta moda deu lugar a alún problema de sobrecalentamento da cabeza.








6 de marzo de 2024

6 de marzo

Noticia do 6 de marzo de 1914
No 2002 o Real Club Deportivo logra a súa segunda Copa do Rei no Santiago Bernabeu, nun encontro coñecido como o centenariazo, xa que era o centenario da Copa e do outro finalista, que ademais xogaba na casa.

5 de marzo de 2024

5 de marzo

Nova do 5 de marzo de 1914
En 1888 nace en Ourense Ramón Otero Pedrayo, escritor, político e intelectual galego.


4 de marzo de 2024

4 de marzo

Publicado o 4 de marzo de 1914

Chámanse frebas de marzo aos primeiros días do mes, porque nestes días adoita facer mal tempo, como en febreiro.


2 de marzo de 2024

2 de marzo

Comentario do 2 de marzo de 1914

Tal día coma hoxe pero de 1856 ten lugar o Banquete de Conxo, inicio do rexionalismo galego.

1 de marzo de 2024

1 de marzo

Hoxe é o día de San Rosendo ou Rudesindo de Celanova, e o refrán di: Se trobexa por san Rosendo, inda temos inverno.
No 977 morre Rosendo de Celanova, abade, bispo e conde galego. Se non coñeces a este santo e a súa relación co xadrez... tes moitas publicacións onde poder ver o seu xadrez.

E por aquelo de poñer os nomes do santo do día en 1814 naceu un neno en Tui a quen lle puxeron de nome Rosendo e que chegou a ser bispo en Australia (Nueva Nursia). De frai Rosendo Salvado cóntase que trouxo as primeiras sementes de eucalipto a Europa. O seu labor a favor dos aborixes australianos provocaron a súa comparanza con Bartolomé de las Casas.