14 de setembro de 2020

11 de setembro de 2020

Inicio de 12 do 9 do 2001

12 do 9 do 2001 - MANUEL VÁZQUEZ MONTALBÁN 

O PAIS | Opinión - 23-01-2002 

Instalados no día seguinte dos atentados de Nova York e Washington, entramos no 2002 coma se fose un ano apéndice do anterior, a maneira de prolongación da Operación Liberdade Duradeira coa que o    Goberno norteamericano maquillou unha guerra sucia, de momento contra os talibán; pero a tiro quedan outros potenciais núcleos de terrorismo internacional como Somalia, Iemen e, está claro, Iraq. Evidentemente, Nova York non se merecía aquela agresión, nin os executados polo lume e os derrubamentos fixeran nada para merecer un final tan atroz e retransmitido en directo. Aqueles panos axitados nas xanelas dos rañaceos dicían adeus a toda esperanza e os defenestrados que preferían    estrelarse contra o asfalto a morrer queimados eran mensaxes viventes de que a vida é unha excepción que nin confirma nin deixa de confirmar regra algunha, como xa sospeitaba Carmen Martín Gaite e púxoo por escrito.

...

10 de setembro de 2020

Aforismos de Leonardo

421.- Digo, pois, que, ante todo, hai que estudar os membros e os seus movementos; terminando este coñecemento, pasar ao estudo das actitudes accidentais do home: en terceiro lugar, compor historias sobre a base de observacións de actos naturais, ao seica da súa ocorrencia accidental; fixar a mente neles e anotalos a medida que nos aparecen nas rúas, nas prazas, no campo; usando a ese fin unha representación con breves lineamientos: é dicir que, para significar un brazo, unha recta crebada, e cousa parecida para as pernas e o busto. Voltos a casa, traduciriamos en perfecta forma tales recordos. 

9 de setembro de 2020

Novela semanal. 25ª entrega.

 Duchamps leva a man á testa. Xa me está empezando a doer cabeza, suspira mentres toma un grolo da tila. Cando acabes de ser un mexericas continuamos co tema que nos trouxo aquí, repróchalle Amans.

Tras dez minutos de descanso, o detective nota que se sente mellor así que Amans procede co resto da explicación. Como che comentaba, estás metido no medio dunha conspiración. Dispoño dun informante infiltrado na organización e deixoume claro que queren facerse co poder no país; o que non está claro é como o van facer. O máximo líder dentro da organización é Poutine, presidente do Corpo secreto de Intelixencia, e  semella que hai máis cargos dese organismo estatal involucrados. Mañá teñen unha nova reunión na capital. Podemos achegarnos e falar co meu compañeiro. El poderá informarnos dos próximos movementos da grupo. Descansa o que queda de día, farache falta a enerxía.

 

Continuará...