s.f. Ciencia da fotoquímica, dos efectos químicos da luz.
14 de setembro de 2020
13 de setembro de 2020
12 de setembro de 2020
11 de setembro de 2020
Inicio de 12 do 9 do 2001
O PAIS | Opinión - 23-01-2002
Instalados no día seguinte dos atentados de Nova York e Washington, entramos no 2002 coma se fose un ano apéndice do anterior, a maneira de prolongación da Operación Liberdade Duradeira coa que o Goberno norteamericano maquillou unha guerra sucia, de momento contra os talibán; pero a tiro quedan outros potenciais núcleos de terrorismo internacional como Somalia, Iemen e, está claro, Iraq. Evidentemente, Nova York non se merecía aquela agresión, nin os executados polo lume e os derrubamentos fixeran nada para merecer un final tan atroz e retransmitido en directo. Aqueles panos axitados nas xanelas dos rañaceos dicían adeus a toda esperanza e os defenestrados que preferían estrelarse contra o asfalto a morrer queimados eran mensaxes viventes de que a vida é unha excepción que nin confirma nin deixa de confirmar regra algunha, como xa sospeitaba Carmen Martín Gaite e púxoo por escrito.
...
10 de setembro de 2020
Aforismos de Leonardo
9 de setembro de 2020
Novela semanal. 25ª entrega.
Duchamps leva a man á testa. Xa me está empezando a doer cabeza, suspira mentres toma un grolo da tila. Cando acabes de ser un mexericas continuamos co tema que nos trouxo aquí, repróchalle Amans.
Tras dez minutos
de descanso, o detective nota que se sente mellor así que Amans procede co
resto da explicación. Como che comentaba, estás metido no medio dunha
conspiración. Dispoño dun informante infiltrado na organización e deixoume claro
que queren facerse co poder no país; o que non está claro é como o van facer. O
máximo líder dentro da organización é Poutine, presidente do Corpo secreto de
Intelixencia, e semella que hai máis
cargos dese organismo estatal involucrados. Mañá teñen unha nova reunión na
capital. Podemos achegarnos e falar co meu compañeiro. El poderá informarnos
dos próximos movementos da grupo. Descansa o que queda de día, farache falta a
enerxía.
Continuará...




