7 de xuño de 2018
Aforismos de Leonardo
315.- O fin da pintura é comunicable a todas as xeracións do universo, porque depende da facultade visual, e as impresións da visión pasan ao cerebro sen utilizar o oído.
6 de xuño de 2018
Bradbury
Demasiado tarde comprendín que non é posible esperar a ser perfecto, que hai que saír á vida e caerse e levantarse como todo o mundo.
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012.

5 de xuño de 2018
Asociación Ecolóxica
Hoxe, 5 de xuño, é o Día do Medioambiente e diferentes entidades imos a promover a fundación dunha nova entidade.
Ecoloxía, Lecer, Iniciativas e Actividades Sustentables (ELIAS).
Unha modesta entidade da que iremos informando.

4 de xuño de 2018
Inicio de A Fronteira
A FRONTEIRA
Eduardo A. Ponce
Anoitecía. Un fino manto de area e frío deslizábase ominosamente sobre a cidade. Alá na fronteira, dous soldados escrutan o horizonte, apostados nas súas garitas, impertérritos ante o próximas quince horas de escuridade.
Holes aprendera, co transcorrer dos anos, a discernir case instintivamente, a través das continuas treboadas de area, cando se aproximaba cara á fronteira algún traslúcido. Willis, con todo, acababa de saír da Academia.
- Dígoche que o vin, polo norte. Camiñaba lentamente, pero o seu rastro era inconfundible - argumentaba Willis, sen despegar os ollos dos prismáticos de infravermellos.
- Mira mozo, levo seis anos neste deserto de morte, e podo asegurar, que antes que eses prismáticos capten a un traslúcido, xa o sentiches no teu cerebro e cheirado ao teu ao redor - contestou Holes, mentres acendía un cigarro.
...

3 de xuño de 2018
Inicio de AS ABOMINACIÓNS DE YONDO
AS ABOMINACIÓNS DE YONDO
CLARK ASHTON SMITH
A area do deserto de Yondo non é como a dos demais desertos; entre outras cousas, Yondo atópase xusto no bordo do mundo, e ventos estraños que sopran desde un golfo cuxa profundidade non puido determinar ningún astrónomo sementaron os seus campos devastados co po gris de planetas corroídos, e as cinzas negras de soles extinguidos. As montañas escuras e con forma esférica que se elevan sobre unha planicie engurrada e erosionada non son tan só montañas, xa que algunhas son asteroides caídos que se afundiron nesa area abismal. Cousas estrañas xurdiron de espazos remotos, cuxa exploración está prohibida polos deuses de todas as terras decentes e ben gobernadas. Pero
non existen deuses semellantes en Yondo, onde habitan os xenios das estrelas desaparecidas, e os demos decrépitos cuxas casas foron destruídas en infernos xa anticuados.
Raiaba un mediodía de primavera cando por fin conseguín saír do interminable bosque de cactos onde me deixaron os inquisidores de Ong, cando vin aos meus pés o comezo gris das chairas de Yondo. Repito que se trataba das doce da mañá dun día de primavera, pero durante a miña estancia nese bosque fantástico non atopara nada que me lembrase á primavera; a vexetación que fora cortando no meu camiño, inchada, moribunda e medio podrecida, non se parecía aos demais cactos, senón que tiña formas abominables de difícil descrición. O aire estaba densamente cargado de cheiros putrefactos, e os helechos leprosos moteaban a terra negra e a vexetación enroñada cunha
frecuencia cada vez maior. Víboras dun verde pálido levantaban a cabeza dos arbustos de cactos, e observábanme con ollos dun ocre brillante, sen pálpebras nin pupilas. Todo isto inquietoume durante moitas horas; non me gustaban os fungus monstruosos de brazos descoloridos e cabezas dun malva venenoso que crecían aos bordos dos charcos fétidos e a ondada sinistra que cubría as augas amareladas non supuña precisamente un tranquilizante para alguén cuxos nervios estivesen aínda alterados polas torturas recentes. Entón, cando ata os enfermizos e horrendos cactos comezaron a escasear mentres que aparecía xa a area cincenta, comecei a sospeitar ata que punto o meu herexía
espertara un tremendo odio nos sacerdotes de Ong, e a perversidade infinita da súa vinganza.

2 de xuño de 2018
Inicio de ASÍ BURLAMOS A CARLOMAGNO
ASÍ BURLAMOS A CARLOMAGNO
R. A. LAFFERTY
-Estiveramos nalgúns moi altos-dixo Gregory Smirnov, do Instituto-, pero nunca nos atopamos nun tan grande como este, non rodeados de tan apaixonada expectación. Pero, se os cálculos de Epiktistes son correctos, este funcionará.
-Este funcionará-dixo Epikt
.
Era este Epiktistes a máquina Ktistec? Quen o crese? A masa principal de Epikt estaba cinco pisos debaixo deles, pero el instalara unha extensión de si mesmo ata aquel pequeno telladiño. O único que se necesitaba era un cable dun metro de diámetro cunha cabeza funcional montada no extremo.
E que cabeza escollera! Era unha cabeza de serpe de mar, unha cabeza de dragón, de cinco pés de lonxitude e copiada dun antigo entroido. Epikt deuse tamén a si mesmo unha linguaxe humana, unha mestura de irlandés, hebreo e holandés que parecía sacada dun vello vodevil.
Pero tomouse aquel proxecto moi en serio.
(...)

1 de xuño de 2018
Fragmento de Códice Calixtino, de Luz Pozo Garza LUIS SEOANE
A LUÍS SEOANE
Coma un cántaro
que unha rapaza leva
con amor
as escuras lembranzas
entre a gloria
e a cinza
falan.
Pechas os ollos
sobre un códice vello
as verbas xorden
fondas
na idade sen acordo
so un nome.
...
Coma un cántaro
que unha rapaza leva
con amor
as escuras lembranzas
entre a gloria
e a cinza
falan.
Pechas os ollos
sobre un códice vello
as verbas xorden
fondas
na idade sen acordo
so un nome.
...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)