7 de novembro de 2010

Pregunta

Queremos saber cal é o libro (e o autor) onde aparece o seguinte texto:

...
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
...

6 de novembro de 2010

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (III).

2. Os pros e os contras
Na época na que aconteceron istos feitos atopabame eu de volta dunha exploración centífica emprendida nas malas terras de Nebraska, nos Estados Unidos. Na miña calidade de profesor suplente do Museo de Historia Natural de París, o goberno francés fixérame delegado naquela expedición. Tras pasar seis meses en Nebraska, cheguei a New York, cargado de preciosas coleccións, cara finais de marzo. O meu retorno a Francia estaba fixado para os primeiros días de maio. Agardando o momento de partir, ocupabame en clasificar as miñas riquezas mineralóxicas, botánicas e zoolóxicas. Foi entón cando aconteceu o incidente do Scotia.
Estaba eu perfectamente ao corrente de a cuestión que dominaba a actualidade. ¿Cómo podería non estarlo? Tivera leído e releído todos os diarios americanos e europeos, mais en balde. O misterio intrigaba. Na imposibilidade de formarme unha opinión, oscilaba dun extremo a outro. Que algo tivera, era indudable, e aos incrédulos se lles invitaba a mirar ao Scotia.
A miña chegada a Nova York, o problema estaba máis candente que nunca. A hipótese do islote flotante, do escollo inaprehensible, sostida por algunhas persoas pouco competentes, tivera quedado abandonada xa. Porque, en efecto, cómo tivera podido un escollo desprazarse con tan prodixiosa rapidez sen unha máquina no seu interior? Esa rapidez nos seus desprazamentos é o que fixo rexeitar a existencia dun casco flotante, do enorme resto dun naufraxio.
Quedaban, pois, tan só dúas solucións posibles ao problema, solucións que congregaban a dous bandos ben diferenciados: dunha parte, os que creían nun monstro dunha forza colosal, e doutra, os que se pronunciaban por un barco «submariño» dunha gran potencia motriz.
Agora ben, esta última hipótese, admisible despois de todo, non puido resistir a as investigacións efectuadas nos dous mundos. Era pouco probable que un simple particular tivera á súa disposición un enxenio mecánico desa natureza.
Onde e cando tivera podido construirlo, e cómo tivera podido manter en secreto a súa construcción?
Únicamente un goberno podía poseer unha máquina destructiva semellante. Nistos desastrosos tempos nos que o home esforzase por aumentar a potencia das armas de guerra é posible que un Estado trate de construir en secreto un arma semellante. Despois dos fusiles «chassepot», os torpedos; despois dos torpedos, os arietes submariños; despois destes.... a reacción. Ao menos, así pode agardarse.
Mais houbo de abandonarse tamén a hipótese dunha máquina de guerra, ante as declaracións dos gobernos. Tratándose dunha cuestión de interese público, pois isto afectaba ás comunicacións transoceánicas, a sinceridade dos gobernos non podía ser posta en dúbida. Ademais, ¿cómo podía admitirse que a construcción dese barco submariño tivera escapado aos ollos do público? Gardar o secreto nunha cuestión semellante é moi dificil para un particular, e ciertamente imposible para un Estado cuxas accións son concienzudamente vixiadas polas potencias rivais.

5 de novembro de 2010

Dez días aínda para facer as entregas.

Aínda quedan dez días para participar no concurso do mes de outubro. (Lembra as actividades nas que se pode participar premendo aqui)
Anímate e participa nas actividades.
Ademais xa podes ir respondendo ás que se vaian preguntando neste mes.
Xa sabes... podes envialas ao correo da Asociación Palaestra que podes ver na Páxina de Palaestra.

4 de novembro de 2010

Lectura en Blogs

Os Blogs son hoxe unha boa fonte de información sobre diferentes noticias de actualidade ou especializadas. De cando en vez imos ir recomendando algúns.

Hoxe traemos aqui o de Manuel Gago, xornalista e profesor da Universidade de Santiago, que fala da destrucción dun importante castro ao construir o porto exterior na Coruña.

Para saber deste acontecer preme aqui.

3 de novembro de 2010

Xogos

Xoan e Fran estudian xuntos e son moi amigos. Teñen moitas cousas nas que se parecen e sempre están xuntos.


Os seus coñecidos saben que hai algo en que son moi diferentes; xa que un deles sempre di a verdade e o outro é un mentireiro... sempre di mentiras

Tes que buscar unha pregunta que deba ser repostada sempre "Non" tanto se a pregunta vai dirixida a Fran como a Xoan.

2 de novembro de 2010

Pregunta

Queremos saber cal é o libro (e o autor) onde aparece o seguinte texto:

...
Mucho fas el dinero, et mucho es de amar,
al torpe fase bueno, et omen de prestar,
fase correr al cojo, et al mudo fabrar,
el que non tiene manos, dineros quiere tomar.
Sea un ome nesçio et rudo labrador,
los dineros le fasen fidalgo e sabidor,
quanto más algo tiene, tanto es más de valor,
el que non ha dineros, non es de sí señor.
...

1 de novembro de 2010

Concurso do Mes de Outubro.

Para participar no concurso deste primeiro mes da temporada tes varias posibilidades:
- Resolver a pregunta do día vinte.
- Resolver a pregunta do día vintecatro.
- Resolver a pregunta do día vintesete.
- Participar na elaboración do Palaestra Xove.
- Detectar fallos nos post que se publicaon no mes de outubro.

O prazo de entrega é ata o 15 de novembro.

As respostas deben enviarse ao correo electrónico da Asociación que podes ver ná páxina oficial da Sociedade en palaestra.net