Nas tres décadas posteriores á guerra, economistas, políticos, comentaristas e cidadáns comúns coincidiron en que un gasto público elevado, xestionado por autoridades nacionais ou locais con liberdade suficiente para regular a vida económica a varios niveis, era unha boa política. Os que discrepaban eran considerados curiosidades dunha época pasada —ideólogos irracionais que buscaban realizar as súas fantasías— ou defensores egoístas do interese privado por riba do ben público. O mercado aínda mantiña o seu lugar, o Estado desempeñaba un papel central na vida dos individuos e os servizos sociais tiñan prioridade sobre outros gastos gobernamentais, coa excepción parcial dos Estados Unidos, onde o gasto militar continuou a crecer ao mesmo ritmo.
Algo vai mal.
Tony Judt
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.