30 de setembro de 2025

29 de setembro de 2025

29 de setembro

1801: Concédese pensión á coruñesa Josefa Antonia Martí, que servira cinco anos como grumete na Armada en Ferrol ocultando que era unha moza.


27 de setembro de 2025

27 de setembro

1719: Tres barcos ingleses mandados polo almirante Johnson bombardean e toman a vila de Ribadeo.


26 de setembro de 2025

26 de setembro

1764: Morre Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro (Padre Feijoo), escritor galego.


24 de setembro de 2025

23 de setembro de 2025

Martes de Xadrez

Hoxe dende as 19,00 no Centro Comercial Los Rosales.

Co apoio da Deputación da Coruña.


22 de setembro de 2025

Inicio de A Última Noite de Verán

A Última Noite de Verán 
Alfred Coppel 

Ardían lumes na cidade. Coa súa casa ás escuras -a central eléctrica abandonada por aquel entón-, Tom Henderson podía ver claramente os lumes. Reflectíanse como fogatas contra a masa de fume. Sentou na escuridade, fumando e escoitando a aguda voz do locutor que lle chegaba pola radio portátil. 
-...as temperaturas medias están a subir até as máximas normais en todo o mundo. París infórmanos dunha máxima rexistrada onte de 42°... Nápoles tivo 45°... Os astrónomos predín... O goberno aconsella que a poboación civil permaneza en calma. Foi declarada a lei marcial nos Angeles. 
...

20 de setembro de 2025

Ideas de futuro

Unha das cousas que fago estes días é pensar no "legado". Non vexo TV, prácticamente non leo e penso como axudar ás entidades dende a miña nova situación de navegante entre dous mundos e de como lograr que as entidades sigan no futuro... o legado.

Así que se me da tempo nos próximos días empezarei a propoñer cousas como esa fundación de xadez, da que sacamos folletos en 2019, quedou no limbo pola COVID e agora penso que tería que ser unha prioridade.

Verermos en que queda todo.

Saúdos.

19 de setembro de 2025

Martes de xadrez

Como moitos ben sabedes non estamos no noso mellor momento, pero o martes volvemos cos Martes de Xadrez.
19,00 no Centro Comercial Los Rosales.
E de balde grazas á axuda da Deputación da Coruña.

18 de setembro de 2025

18 de setembro

1910: Colócase a primeira pedra do monumento da Virxe da Rocha de Baiona.

17 de setembro de 2025

17 de setembro

1183: Reunión no Burgo de Faro do conde Gómez González de Trastamara con cabaleiros da orde do Temple.


16 de setembro de 2025

15 de setembro de 2025

13 de setembro de 2025

11 de setembro de 2025

11 de setembro

1869: Morre en Montevideo Antonio Díaz Hernández, que nacera na Coruña pero que loitara pola independencia das colonias, chegando a ser ministro e xeneral no Uruguay.

10 de setembro de 2025

10 de setembro

É o día de San Pedro de Mezonzo, nado en Curtis contra o ano 930 e que foi líder espiritual do país en momentos de gran tribulación. En 965 é elixido abade en Sobrado dos Monxes. As terras de Sobrado sufriron o Horrorum normandorum, incursións dos viquingos.
Rosendo de Celanova e o conde Gonzalo puxeron en fuga a invasión, nun momento en que a monarquía non era quen de defender o país galego, abandonado á súa sorte fronte á ameaza normanda. E había mais frontes abertos, xa que no 997 Almanzor realizou unha campaña sobre os territorios cristianos (Galicia os chamaban eles), cruzou o Miño e arrasou as terras de Salvaterra, destruíu a cidade de Tui e así seguiu cara Santiago. Pedro encargou a evacuación da cidade e para salvar as reliquias do Apóstolo levounas consigo. A cidade quedou abandonada ao caudillo islámico, que atopou axeonllado no sartego de Santiago un monxe ancián que lle inspirou tal respecto que mandou que ninguén o incomodase, mentres  destruían o demais. Durante oito días todo foi saqueado, para deixar reducida a cinsas a capital espiritual do occidente. Levouse miles de presos e fixo cargar nos ombreiros dalgúns deles as campás e as portas do santuario apostólico que se colocaron na mesquita de Córdoba.

O papa Bieito XIV recolle a tradición que lle atribúe o celebre rezo do pobo cristián en momentos de tribulación e anguria, a Salve Regina, onde se implora á nai de Xesús.

9 de setembro de 2025

9 de setembro

1981: O Guernica, de Picasso, regresa a España tras 42 anos de exilio en Nova York


8 de setembro de 2025

6 de setembro de 2025

6 de setembro

1970: Miguel Anxo Arauxo conságrase bispo de Mondoñedo-Ferrol en galego. Un texto lido no ofertorio provoca malestar na xerarquía franquista.

5 de setembro de 2025

4 de setembro de 2025

3 de setembro de 2025

1 de setembro de 2025

Actualización a 31 de agosto

El otro día el nuevo síntoma fue que me quedaba sin aire.
Como resultado acabé con la nueva experiencia de entrar en una ambulancia medicalizada en riesgo, en urgencias del CHUAC.
Interesante fue la profesionalidad del equipo que me atendió en la ambulancia y la suerte de que la neumóloga de urgencias me diese un tratamiento que me permitiese recuperar parte de mi habla. Es bueno poder hablar por uno mismo.
Por otro lado los de oncología decidieron que mejor aplicar radio antes de seguir... asi que como la quimio... de un dia para otro radio sin saber ni como va eso.
Y curiosamente peor de lo que debería ser porque añadiéndose cosas raras a mi historial, pues la morfina parece que no haga gran cosa a mi organismo y no se queda quieto cinco minutos.
Así quede van tres sesiones (una incompleta por movimientos) y a falta de dos.. lunes y martes.
A ver como llego al martes... 
Y se acaba agosto y después de 36 años dejo de ser presidente de AGAX.