16 de abril de 2025

Eduardo Gasset Y Artime

Eduardo Gasset y Artime (Pontevedra, 13 de xuño de 1832 - Madrid, 20 de maio de 1884) foi un político e xornalista español.
Traballou dende moi novo no Banco San Fernando e no Ministerio de Facenda. Como político comezou a súa carreira na Unión Liberal. Foi deputado por diversas circunscricións, entre elas varias veces por Padrón. Concelleiro do Concello de Madrid, exerceu en 1872 como Ministro de Asuntos Exteriores, cargo do que renunciou pola súa disconformidade co Goberno sobre a abolición da escravitude, polas consecuencias que podería ter na situación de Cuba e Puerto Rico.
Dirixiu El Eco del País, fundado en 1862,4​ e, posteriormente, fundou o xornal El Imparcial en 1867, xornal de tendencia liberal e un dos xornais máis influentes da España de finais do século XIX e principios do XX. Foi protector de Valle-Inclán. Vivía no pazo da Torre de Xunqueiras.
En 1872 foi nomeado senador pola provincia de Teruel e posteriormente foi nomeado senador vitalicio (1883-1884).
Foi padre do tamén político Rafael Gasset Chinchilla e de Dolores Gasset Chinchilla, que foi a nai de José Ortega y Gasset.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.