10 de abril de 2025

Aforismos de Leonardo

631.- As plantas e a pereira.

Vendo como tallaban nunha perira, o loureiro e o mirto, gritaron con altas voces: 

-Oh, pereira! Onde vas? Onde está a altanería que mostrabas cando te vías cargada de maduros froitos? Xa non poderás facernos sombra coa túa frondosa copa! 

A pereira respondeu entón: 

-Eu irei co labrego que me corta, e que me levará ao taller dun óptimo escultor, o cal me dará artisticamente a forma do deus Xúpiter; e serei consagrado no templo e adorado como o mesmo Xúpiter, mentres vós, estragados e desposuídos das vosas amas, servirédesme de ornato, posto en torno meu polos homes para honrarme. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.