31 de xullo de 2023

Vocabulario médico galego

xeración 











s.f. 1. Conxunto de funcións destinadas á formación dun novo ser, mediante o proceso de reproducción. 
2. Conxunto de individuos nacidos nun mesmo período de tempo, e polo tanto, de idade non moi diferente. 3. Período da vida entre o nacemento dun individuo e o dos seus fillos, na especie humana uns trinta anos. 4. En xenética, conxunto de individuos producto dun cruzamento. // X. alternante Reproducción sexual e asexual alternadas na mesma especie. / X. asexual Reproducción asexual. / X. endóxena Multiplicación que ten lugar dentro da membrana da célula nai. / X. espontánea Hipótese descartada na actualidade segundo a cal os seres vivos xeraríanse espontaneamente, sen procederen de ningún outro. / X. filial Conxunto de dúas xeracións, a primeira das cales (F1) procede do cruzamento de dous individuos desiguais, e a segunda (F2) do cruzamento de dous membros da primeira. / X. por esporas Reproducción que ten lugar pola producción de células xerminativas no interior do individuo proxenitor, as cales se separan e se desenvolven no exterior del. / X.sexual Reproducción pola unión de elementos masculinos e femininos. / X. vivípara Reproducción dos mamíferos, que se caracterizan porque as femias paren fillos vivos, tralo seu desenvolvemento no seo materno. xerador-a adx. e s. Xenitor, que xera. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.