As resortes son os doce días seguintes, do 13 ó 24, e serven para ratificar ou contradicir ó prognóstico que anunciaron as sortes. Hai quen di que hai que fiarse máis do que din as resortes.
Podemos ir vendo que pasa neste ano. De entrada parece que xaneiro vai vir frío.
Hoxe hai 203 anos (1818) que a escritora Mary Shelley publicou a súa novela Frankenstein, ou o Prometeo moderno.
Tamén se cumpren 138 anos (1892) de que se abrise Ellis Island. É posible que non sexa un nome coñecido para ti, pero se algún da túa familia emigrou hai anos a Estados Unidos, probablemente pasara por este espazo, o máis famoso centro de inmigración dos Estados Unidos.
122 anos de que culminase a loita pola "independencia" de Cuba. Moitos pensan que despois do desastre de 1898 Cuba, Filipinas e demais tornaronse independentes. O certo é que nesta data en 1899 o exército español entregou a illa de Cuba a Estados Unidos, que asumiu o seu goberno durante tres anos. Xusto neste mesmo día pero 60 anos despois Fidel Castro triunfa coa súa revolución.
Van 105 anos de que saise a rúa a revista mensual Suevia en Buenos Aires. Os contidos eran noticias galegas con críticas á situación social do país.
E para falar de algo noso o primeiro día de 1996 organizaouse o primeiro Torneo de Aninovo de Xadrez, xerme das Xornadas Lúdicas de Nadal de Palaestra. A foto é de hai 20 anos con dous xadrecistas xogando ese torneo na madrugada (e comendo polvoróns).
E para falar de algo noso o primeiro día de 1996 organizaouse o primeiro Torneo de Aninovo de Xadrez, xerme das Xornadas Lúdicas de Nadal de Palaestra. A foto é de hai 20 anos con dous xadrecistas xogando ese torneo na madrugada (e comendo polvoróns).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.