3 de decembro de 2020

Aforismos de Leonardo

433.- Non representes, pois, nas túas figuras aqueles tocados que os parvos aderezan con gran afectación, medorentos sempre de que un só cabelo fóra de lugar provoque a censura dos espectadores circunstantes, os cales, abandonando o seu primeiro pensamento, non falen xa doutra cousa nin critiquen outra cousa. Tales homes teñen por constantes conselleiros o espello e o peite; e o vento, que pon en desorde as súas acicaladas cabeleiras, é a súa máis mortal inimigo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario