17 de decembro de 2020
Aforismos de Leonardo
435.- Posto que non atendo menos á escultura que á pintura, e alcanzo nunha e outra o mesmo grao, creo poder eludir toda grave acusación pronunciándome sobre a facultade de inventiva, a dificultade de execución e a perfección que revela cada unha delas. En primeiro lugar a escultura está sometida a determinada luz que lle vén do alto, mentres que a pintura trae consigo luz e sombra de todos lados; esta cuestión de luz e sombra é, pois, importante na escultura. O escultor obtén unha e outra coa axuda natural do relevo, que por si só xéraas; o pintor, coa oportuna aplicación da súa arte, créaas alí onde o faría razoablemente a natureza. O escultor non pode diversificar os caracteres variados das cores; o pintor dispón de todas as cores que desexe. As perspectivas dos escultores carecen de toda verdade; a do pintor alcanzan a cen millas de distancia. A perspectiva aérea é allea á escultura, a cal non sabe figurar nin os corpos transparentes, nin os luminosos, nin as formas reflectidas, nin os corpos lúcidos -como os espellos e outros obxectos brillantes similares-, nin as nubes, nin a néboa, nin a escuridade, nin outras moitísimas cousas que non mencionamos para non aburrir.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.