Entran tres
vixiantes na sala con pistola na man ao mesmo tempo que dous escoltas levan á
viúva a outra sala da mansión. A xente sigue saíndo e xa empeza a ser máis
fácil visualizar a escena. Xusto donde ficaba a señora hai dez segundos xace no
chan un corpo inerte, debaixo do cal empeza a expandirse un rego de sangue. O
detective sabe que ten que escapar se quere evitar que o deteñan como posible
sospeitoso así que escapa cos outros camareiros. Despois de cruzar un corredor,
estes van entrando no que semellan ser as cociñas da mansión, pero Duchamps
segue cara adiante para encontrar unha saída.
Tras cinco
minutos escapando de xeito confuso, o detective para a descansar apoiado contra
a parede, exhausto pola carreira e polas emocións. Nese intre, escoita uns
pasos apurados achegarse na súa dirección. Con rapidez, apártase nun recuncho sombrío
que dá a unha habitación e, momentos despois, pasa unha figura delgada suxeitando
algo que parece unha pistola. Os pasos fanse menos intensos a cada segundo que
transcorre e, asegurándose de que non hai ninguén, volve a tomar o camiño cara
a unha posible saída. Vira á dereita, á esquerda, segue de fronte e, despois de máis voltas, chega ao que
ten pinta dunha pequena sala de estar. A sala loce un decorado moi bonito e
butacas confortables que invitan a descansar, pero non é o momento xa que en
calquera minuto poden chegar vixiantes. De súpeto, escóitase xente berrando e ruído
de mobles caendo e rompendo contra o parqué. Duchamps detecta ao fondo a porta
da que proveñen os gritos e apresúrase a cruzar a sala. Cando leva aberto un palmo, escóitanse disparos que retumban na sala dunha forma que volvería xordo a calquera e despois, nada, un
silencio absoluto.
Continúa a abrir
a porta, esta vez de xeito máis cauteloso, dunha sala que ten bastante parecido
coa que está abandonando, agás polos mobles e pratos rotos no chan. No centro do
habitáculo permanece inmóbil una figura delgada, cos ollos apuntando aos de
Duchamps. No peito ten dúas manchas vermellas que van medrando como rosas florecendo.
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.