5 de decembro de 2019

Aforismos de Leonardo

380.- Dela son os simulacros dos deuses, en cuxo ao redor se celebra o culto divino, colaborando, como serventa súa, a música; ela procura aos amantes un símil do obxecto amado; ela conserva as belezas que o tempo e a nai natureza fixeron efémeras; ela perpetúa a imaxe dos homes famosos. E se dixeses: a música faise eterna escribíndoa, o mesmo pasa coas letras que agora trazamos aquí sobre o papel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario