17 de febreiro de 2019

Miradoiro do Ézaro

A desembocadura do río Xallas, as ladeiras do monte Pindo, a apracible enseada do Ézaro e os tenues atardeceres co cabo Fisterra ao fondo. Todo isto ofrece este incomparable miradoiro localizado nun saínte rochoso que fai en ocasións de balcón natural, moi próximo á fervenza do Xallas, onde o río precipítase ao mar nun caso insólito a nivel europeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario