21 de novembro de 2026

Estesícoro

Tisias, máis coñecido como Estesícoro ("mestre do coro", pola súa habilidade para dirixir os cantos corais), foi un poeta grego nado en Hímera (Sicilia) cara ao 630 e falecido cara ao 550 a. C. Era un dos estimados e respectados nove poetas líricos polos académicos da entón helénica Alexandría.

Á MUSA

Ea, suave Musa,
O teu doce canto empeza,
Celebrando con cítara difusa
A singular beleza,
E as grazas que amamos
Nas fermosas mozas de Samos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.