Non tardamos en acharnos aprisionados até o pescozo nos traxes de caucho, cos aparellos de aire
fixados ás costas polos tirantes.
Nesa ocasión non eran necesarios os aparellos Ruhmkorff. Antes de introducir a miña cabeza na
cápsula de cobre, preguntárallo ao capitán.
-Non nos serían de ningunha utilidade -respondérame o capitán Nemo-. Non iremos a grandes
profundidades e iluminaranos a luz do sol. Ademais, non é prudente levar baixo estas augas unha
lanterna eléctrica, que podería atraer inopinadamente a algún perigoso habitante.
Ao dicir isto o capitán Nemo, volvinme cara a Conseil e Ned Land, pero estes, embutidos xa no
seu casco metálico, non podían nin ouvir nin responder.
Quedábame por facer unha última pregunta ao capitán Nemo.
-E as nosas armas? Os fusís?
-Para que? Non atacan os montañeses ao oso cun puñal? Non é máis seguro o aceiro que o
chumbo? Velaquí un bo coitelo. Póñallo no seu cinto e partamos.
Mirei aos meus compañeiros e vinlles armados como nós. Só que, ademais, Ned Land esgrimía un
enorme arpón que depositara na canoa antes de abandonar o Nautilus.
Logo, seguindo o exemplo do capitán, deixeime pór a pesada esfera de cobre sobre a cabeza.
Os nosos depósitos de aire entraron inmediatamente en actividade.
Un instante despois, os mariñeiros desembarcáronnos un tras outro, e tocamos pé a metro e medio
de profundidade, sobre unha area compacta. O capitán Nemo fíxonos sinal de seguirlle e por unha suave
pendente desaparecemos baixo a auga.
Unha vez alí, abandonáronme inmediatamente as ideas que atormentaban ao meu cerebro, e acheime
completamente tranquilo. A facilidade dos meus movementos aumentou a miña confianza, mentres a rareza
do espectáculo cativaba a miña imaxinación.
A luz solar penetraba con suficiente claridade para fai visibles os menores obxectos.
Ao cabo dun dez minutos de marcha, nos atopábamos nunha profundidade de cinco metros e o
fondo ía facéndose chaira.
Ao noso paso, como unha bandada de chochas nunha lagoa, levantaban o «voo» uns curiosos
peixes do xénero dos monópteros, sen outra aleta que a da cola. Recoñecín ao xavanés, verdadeira
serpe duns oito decímetros de lonxitude, de ventre lívido, ao que se lle confundiría facilmente
co congro de non ser polas raias douradas dos seus flancos. No xénero dos estromateos, cun corpo ovalado e moi comprimido, vin fiatolas de brillantes cores e cunha aleta dorsal como
unha fouce, peces comestibles que unha vez secos e postos en adobo serven para a preparación dun prato
excelente chamado karawade; «tranquebars», pertencentes ao xénero dos apsiforoides, co corpo
recuberto dunha coraza escamosa dividida en oito partes longitudinales.
A progresiva elevación do sol aumentaba a claridade na auga. O chan ía cambiando aos poucos.
Á area fina sucedía unha verdadeira calzada de rocas redondeadas, revestidas dun tapiz de moluscos
e de zoófitos.
Entre as numerosas mostras destas dúas ramas, observei placenos de valvas
finas e desiguais, especie de ostráceos propios do mar Vermello e do océano índico; lucinas alaranxadas
de cuncha orbicular; tarazas; algunhas desas púrpuras persas que provían ao Nautilus dunha tinguidura
admirable; múrices de quince centímetros de longo que se erguían baixa a auga como mans dispostas
a facer presa; as turbinelas, vulgarmente chamadas dentes de can, erizadas de espiñas; língulas
anatinas, cunchas comestibles que alimentan os mercados do Indostán; pelaxias panópiras,
lixeiramente luminosas, e admirables oculinas fiabeliformes, magníficos abanos que forman unha das
máis ricas arborizacións destes mares.
No medio destas plantas vivas e baixo a polas dos hidrófitos corrían lexións de torpes
articulados: raninas dentadas cos seus caparazóns en forma de triángulo un pouco redondeado; birgos
propios destas paraxes e horribles partenopes de aspecto verdadeiramente repugnante. Non menos
horroroso era o enorme cangrexo que atopei varias veces, o mesmo que observara e describira Darwin. Un cangrexo enorme ao que a natureza deu o instinto e a forza necesarios para
alimentarse de noces de coco; rube polas árbores da beira e fai caer os cocos que quebran co
golpe e, xa no chan, ábreos coas súas poderosas pinzas. Baixa a auga, o cangrexo corría cunha gran
axilidade que contrastaba co lento desprazamento entre as rocas dos quelonios que abundan nestas
augas do Malabar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.