18 de xuño de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXVII).

7. Unha balea de especie descoñecida
A sorpresa causada por tan inesperada caída non me privou da moi clara impresión das miñas sensacións.
A caída mergulloume a unha profundidade dun vinte pés. Sen pretender igualarme a Byron e a Edgar Poe, que son mestres de natación, creo poder dicir que son bo nadador. Por iso a zambullida non me fixo perder a cabeza, e dous vigorosos taconazos devolvéronme á superficie do mar. O meu primeiro coidado foi buscar cos ollos a fragata. Deuse conta a tripulación da miña desaparición? Viraría de bordo o Abraham Lincoln? Botaría o comandante Farragut unha embarcación na miña procura? Podía esperar a miña salvación?
Profundas eran as tebras. Entrevín unha masa negra que desaparecía cara ao Leste e cuxas luces de posición ían desaparecendo ao lonxe. Era a fragata. Sentín perdido.
-Socorro! Socorro! -gritei, mentres nadaba desesperadamente cara ao Abraham Lincoln, embarazado polas miñas roupas que, pegadas ao meu corpo pola auga, paralizaban os meus movementos. Íame abaixo... Afogába.
-Socorro!
Foi o último que dixen. A miña boca encheuse de auga. Debatíame, succionado polo abismo.
De súpeto sentinme agarrado por unha man vigorosa que me devolveu violentamente á superficie, e ouvín, si, ouvín estas palabras pronunciadas ao meu oído:
-Se o señor fóra tan amable de apoiarse no meu ombreiro, nadaría con máis facilidade.
A miña man agarrouse do brazo do meu fiel Conseil.
-Ti! Es ti!
-Eu mesmo -respondeu-, ás ordes do señor.
-Precipitouche o choque ao mar ao mesmo tempo que a min?
-Non. Pero como estou ao servizo do señor, seguín ao señor.
O bo raparigo atopaba iso natural.
-E a fragata?
-A fragata! -respondeu Conseil, volvéndose de costas-. Creo que o señor fará ben en non contar con ela.
-Como dis?
-Digo que no momento en que me arroxei ao mar, ouvín que os temoneiros gritaban: «Rompéronse a hélice e o temón!».
-Rotos?
-Si; esnaquizados polo dente do monstro. É a única avaría, creo eu, que sufriu o Abraham Lincoln. Pero desgraciadamente para nós é unha avaría que lle impide gobernarse.
-Entón estamos perdidos.
-Posiblemente -respondeu Conseil, coa maior tranquilidade-. Pero aínda temos unhas cantas horas por diante, e nunhas horas poden pasar moitas cousas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.