29 de xuño de 2011

O avó


Novela dialogada de Benito Perez Galdós, publicada en 1897.
O gran dramatismo da obra axudouna a levala ó cine en varias ocasións, sendo a de maior repercusión a do ano 1998 por José Luís de Garci.

O libro sucédese ó largo de 5 xornadas, divididas en diferentes escenas cada unha.

O aspecto máis orixinal para min e que máis me chamou a atencion é a forma na que esta escrita.Diálogos entre os personaxes coa única intromisión do narrador nos comezos das escenas describindo o lugar onde se sucederán os actos e presentando ós personaxes; e no medio dos diálogos amosando o pensamento e os sentimentos así como as reraccións dos mesmos (exemplo nas frases do Conde ó final da páxina).

Nembargantes non é unha versión teatral. Anos mais tarde, en 1904, si que Galdos faría unha adaptación á escena que sería representada con frecuencia.

Son os personaxes principais un Conde vido a menos (Rodrigo de Albrit, o avó), a súa nora Lucrecia (viúva de Rafael, fillo de Rodrigo), e as fillas desta (netas do avó) Nell e Dolly .

A trama céntrase na loita psíquica interior que sufre o avó tratando de desentrañar un segredo de familia que o desacouga e o deshonra. Unha das súas netas non é do seu sangue.

Para iso terá que valerse dos seus propios medios, pois non llo pon fácil a súa nora, xa que facelo público sería unha afrenta para ela e a súa reputación.

Rodrigo terá que usar a súa intuición, entablando relacións coas netas e tratando de sacar conclusións pola súa conta a partir dos seus caracteres, apariencia física, habilidades, gustos...

Cando pensa descubrir un rasgo diferenciador nalgunha delas como a nobreza, a lealtade, a humildade; pronto os atopa na outra. E cando unha comete un acto de cortesía con el, non tarda moito a outra en amosar tamén unha inmensa bondade de espirito.

¿Como é posible que unha non sexa a súa neta? Cada vez que pensa nisto rompe nun sentimento ambiguo de tristeza e felicidade.

E así desfalece coa dúbida, non atopa consolo en ninguén, e o toman por tolo.


Para quen mirase a película, xa saberá como remata. Sen embargo cabe destacar algunhas diferencias entre o libro e a película de Garci. Como e lóxico moitas escenas do libro suprimíronse ou acortáronse, e outras escenas da película son inventadas pero manteñen con gran fiabilidade os diálogos orixinais.

Sería inxusto decir que me quedo co libro ou coa película, pois son experiencias distintas que se enriquecen mutuamente.


Algunhas frases do Conde:

É tristeza, e a miña tristeza non se disipa bebendo.É moi fonda.A veces o descubrimento da verdade amárganos a existencia máis que a dúbida.

¡Xeración ingrata, xeración descreída e que nada respetas, xeración parricida, pois devoras o pasado e menosprezas as grandezas que foron! A honra, a pureza dos nomes, ¿que son para estes menguados, que se pasan a vida focicando no chan, para recoller o pedazo de pan que a sorte lles arroxa?

(Con supremo desdén) Lucrecia Richmond, quizá Deus te perdoe.Eu...tamén te perdoaría...se poidesen ir xuntos o perdón e o desprezo.

(Con maxestuosa solemnidade, levantándose) E eu, polo nome de Albrit, polos gloriosos emblemas da miña casa, por todos e cada un dos varóns insignes, e das santas mulleres que dela saíron, asombro e orgullo das xeracións; pola conciencia da honra e da verdade que Deus puxo na miña alma, por Deus mesmo, xuro que antes me farán pedazos que arrancar do meu lado a que é luz, consolo, e gloria da miña vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.