28 de febreiro de 2018

Inicio de CHICKAMAUGA

CHICKAMAUGA 
Ambrose Bierce

Nunha tarde asollada de outono, un neno perdido no campo, lonxe da súa rústica vivenda, entrou nun bosque sen ser visto. Sentía a nova felicidade de escapar a toda vixilancia, de andar e explorar á ventura, porque o seu espírito, no corpo dos seus antepasados, e durante miles e miles de anos, estaba habituado a cumprir fazañas memorables en descubrimentos e conquistas: vitorias en batallas cuxos momentos críticos eran centurias, cuxos campamentos triunfais eran cidades talladas en peñascos. Desde o berce da súa raza, ese espírito lograra abrirse camiño a través de dous continentes e despois, franqueando o ancho mar, penetrara nun terreo onde recibiu como herdanza a guerra e o poder.
...

27 de febreiro de 2018

Ciorán

Unha moda filosófica imponse como unha moda gastronómica: se refuta igual unha idea que unha salsa.

26 de febreiro de 2018

Peirao dos Teatros

Vista da zona dos teatros dende o peirao. O peirao do teatro tomaba o seu nome fundamentalmente do Rosalía de Castro, e non tanto do Pardo Bazán que, como ca vimos, tivo unha vida curta.

O teatro que leva o nome de Rosalía de Castro foi un dos primeiros que coma tal se edificou en Galicia,no ano 1838.

No ano 1838 o Concello da Coruña adquiriu o terreo edificable da antiga igrexa de San Xurxo para construír o teatro. As obras finalizaron en 1841 e foi inaugurado como Teatro Novo ou Principal. No 1867 o teatro foi destruído por un incendio, sendo reconstruído ao ano seguinte.

No ano 1909 mudou o seu nome para homenaxear a célebre poetisa.

25 de febreiro de 2018

Cancioneiro

ARNALDO [Arnaut Catalán?] e AFONSO X

-Sénher, adars ie.us venh querer
un don que.m donetz, si vos plai,
que vulh vòstr'almiral esser
en cela vostra mar d'alai.

E si o fatz, en bona fe
qu'a totas las naus que la son
eu les farai tal vent de me,
qu'or anon totas amon (?).

-Don Arnaldo, pois tal poder
de vent'havedes, ben vos vai,
e dad'a vós devía seer
aqueste don; mais digu'eu, ai,
por que nunca tal don deu Rei?
Pero non quer'eu galardón;
mais, pois vo-lo ja outorguei,
chamen-vos "Almiral Sisón".

-Lo don vos dei molt mercejar
e l'ondrat nom que m'avètz mes,
e d'aitan vos vulh segurar
qu'en farai un vent tan cortés;
que mia domna, qu'es la melhor
del mon e la plus avinent,
farai passar a la dolçor
del temps, cum filias alteras cent.

-Don Arnaldo, fostes errar,
por passardes con batarés
vossa senhor a Ultramar,
que non cuid'eu que haja tres
no mundo de tan gran valor;
e juro-vos, par San Vicente,
que non é bon doneador
quen esto fezer a ciente.

24 de febreiro de 2018

Inicio de A BIBLIOTECA UNIVERSAL

A BIBLIOTECA UNIVERSAL
Kurd Lasswitz

- Veña a sentar ao meu lado, Max - dixo o profesor Wallhausen -, e deixe de rebuscar no meu escritorio. Asegúrolle que nel non hai nada que poida utilizar para a súa revista.

Max Burkel achegouse á mesa da sala de estar, sentou lentamente e tendeu a man cara á xerra de cervexa.

- Bo, entón prosiga. Alégrame volver estar aquí. Pero, diga vostede o que diga, segue tendo que escribir algo para min.

- Por desgraza, non teño ningunha boa idea neste momento. Ademais, xa se están escribindo e, desgraciadamente, imprimindo demasiadas cousas superfluas...

- Iso é algo que non necesita dicirllo a un director de revista tan atareado como o seu seguro servidor. Con todo, a miña pregunta é: Que é o realmente superfluo? Os autores e o seu público non logran porse de acordo en absoluto respecto diso. E o mesmo ocorre cos directores de revista e os críticos. Bo, as miñas tres semanas de vacacións acaban de empezar. Mentres tanto, que se preocupe
o meu axudante.

23 de febreiro de 2018

Actuación do Rei

Na Idade Media, en todas partes de Europa, e Galicia non era unha excepción, todos os gobernantes tiranizaban aos do estamento mais baixo, obrigados a aguantar e obedecer, fose o seu señor un membro da aristocracia ou relixioso.

Poucas revoltas tiveran existido antes en Europa, polo que os Irmandiños, van ser unha das primeiras, importante pola súa extensión no tempo e castelos derrubados.

Que o rei, Henrique IV, de apoio a irmandade parece ter que ver co pouco que aportaban os nobles galegos á facenda real. E non so non había aporte dos nobres galegos, se non que por riba estes moitas veces poñían trabas a que os impostos das cidades que dependían directamente da coroa chegasen a ela.

Ademais o pobre rei tiña problemas cos seus irmáns, especialmente na época con Alfonso, quen lle discutira o trono, e que morreu en 1468.

22 de febreiro de 2018

Ciorán

O mellor de min mesmo, este pouco de luz que me afasta de todo, débollo ás miñas raras conversacións con algúns canallas amargos, canallas inconsolables que, vítimas do rigor do seu cinismo, non podían dedicarse xa a ningún vicio.